O Concello de Ourol organiza un ano máis as súas festas na honra da Nosa Señora. Este ano serán os días 10, 11 e 15 de agosto, xornadas nas que a parroquia contará cun gran número de actividades e cousas para facer.
O sábado, 10 de agosto, Anxo Vázquez Pernas presentará o seu libro titulado “A imaxinería nos cemiterios de Ourol”. O acto terá lugar ás 20:00 horas no edificio multiusos. Ás 21:00 horas, actuación do grupo de gaitas Bágoas da Terra seguida dunha gran cea popular ás 21:45. Dita cea, servida polo Catering Rochela, de Vilalba, na carpa da praza do Concello, terá un custo de 28 euros para os maiores de 11 anos e de 14 euros para os nenos de 7 a 11 anos non empadroados na vila. Todos os empadroados, así como os nenos de 0 a 6 anos, cearán gratis. Será imprescindible recoller o tícket nas dependencias do Concello para entregalo o día da cea. O prazo para anotarse rematará o día 7 de agosto ás 14:00 horas. Despois de cear, a orquestra Suavecito e o grupo Alba amenizarán a verbena.
O domingo, 11 de agosto, o grupo Zona Zero encargarase da sesión vermú ás 14:00 horas.
O xoves, 15 de agosto, terá lugar a misa solemne e a procesión ás 13:00 horas. Por último, unha hora máis tarde, sesión vermú prolongada co Trio Zafiro.