Do 30 de agosto ao 2 de setembro terán lugar en Lourenzá as Festas do Conde Santo nas que actuará Luar na Lubre

A asociación Conde Santo, en colaboración co Concello de Lourenzá, Espectáculos Pico, a Xunta de Galicia e Patrimonio Laurentino, organiza as Festas do Conde Santo. 

O evento, que terá lugar entre o 30 de agosto e o 2 de setembro, inclúe unha serie de actividades como actuacións de renome, sesións vermú e verbenas.

O venres 30 de agosto terá lugar a cea Lenda do Conde e a actuación de Luar na Lubre. 

O sábado 31 de agosto a sesión vermú estará amenizada por Kalima 3.0, seguida dunha verbena animada por América e, unha vez máis, Kalima 3.0. 

O domingo 1 de setembro Nueva Fuerza amenizará a sesión vermú e o día rematará cunha verbena a cargo de Cinema e Nueva Fuerza. 

Finalmente, o luns 2 de setembro, haberá sesión vermú co Dúo Epo-K, e tamén verbena co mesmo grupo.