A Senra, en Cervo, celebra as festas do Carme e San Pedro este sábado, 29 de xuño

O Concello de Cervo anima a veciños e visitantes a participar este sábado, día 29 de xuño, nas festas da Senra, na honra á Virxe do Carme e San Pedro. A cita foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés; polo edil da Zona Rural, Adrián Arias; e por membros da Asoc. Cultural e Recreativa O Raxal, como entidade organizadora.

A programación é a seguinte: haberá misa na honra de San Pedro e a Virxe do Carme ás 13:30 horas, cantada polo Coro Parroquial de Cervo, seguida de procesión con Fol de Raxal e Cordenaia, de Airiños do Xunco. A continuación, o grupo Máster protagonizará a sesión vermú. Á noite, a partir das 22:30 horas, haberá verbena de novo amenizada polo grupo Máster, seguida da Disco Móbil Conxuro.

O Concello de Cervo anima a veciños e visitantes a participar nesta festa, que “dá o punto de partida ao verán, como primeira festa patronal dunha tempada estival que volverá encher cada recuncho de Cervo de actividades para todos os públicos e para desfrutar coa familia e amigos”.