Leti da Taberna ofrece un monólogo na Casa da Cultura de San Ciprián este sábado, 18 de maio

Dentro da programación das Letras Galegas organizada polo Concello de Cervo, este sábado, 18 de maio Leti da Taberna ofrecerá o monólogo titulado “Enredada”. Será ás 19:30 horas  no auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián.

Leticia Miraz, máis coñecida como Leti da Taberna, é taberneira de nacemento e sociosanitaria de formación. En maio de 2020 comezou a subir contidos a TikTok e actualmente acumula decenas de miles de seguidoras nas redes sociais, converténdose nunha "taberneira virtual". Utiliza a retranca para realizar crítica social dende unha perspectiva feminista e en galego.