As festas de San Blas en Vilaxoane (Foz) celebraranse do 2 ao 4 de febreiro nun recinto cuberto con carpa e calefacción.
Empezarán os festexos o venres 2 cunha verbena amenizada polo dúo Belinda e a orquestra Principal.
O sábado 3 é o Día do Patrón e haberá misa solemne ás 13:00 horas e despois procesión, bendición do tradicional Pan de San Blas e imposición do Santo todo o día. A sesión vermú estará amenizada polo grupo Fénix, que tamén actuará na verbena xunto á orquestra La Favorita.
E o domingo 4 celebrarase a Festa dos Callos San Blas 2024, organizada pola peña Fálame Sempre. A partir das 13:30 haberá sesión vermú co DJ Take Sound. A reserva anticipada de tickets para a festa dos callos farase ata o día 28 de xaneiro na Librería A Rapadoira.