Sesións especiais de cinema curto en Barreiros o 27 de decembro e no Valadouro o 28 da man da Vicepresidencia da Deputación de Lugo

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo dende a súa Área de Cultura, achega a Barreiros dúas sesións de cinema curto o vindeiro 27 de decembro.

Trátase de Nena, unha curtametraxe de Xosé Antonio Touriñán
Máis info: https://nena.gal/

E deA Rabia, curtametraxe de Alberto Díaz.
Máis info: https://www.aldiaz.es/piezas/a-rabia/

Proxectaranse as dúas curtametraxes lucenses seleccionadas e premiadas internacionalmente e logo, haberá coloquio coa presenza dalgún membro do equipo.

En Barrreiros as proxeccións serán o mércores, 27 de decembro, ás 20:30 horas no centro sociocultura de San Cosme. E no Valadouro o xoves, día 28, ás 19:00 horas na Casa da Cultura.