O Concello de Cervo convoca o certame de poesía infantil Nadal 2023. Cada autor cada autor/a pode presentar os traballos que desexe, que deberán estar escritos en galego cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara; con cada un acompañarase unha folla co nome e demais datos do/a autor/a. Hai tres categorías: ata 8 anos, de 9 a 11 anos, de 12 a 16 anos. Poden entregarse na biblioteca da Casa da Cultura ata o día 18 de decembro.
O fallo do xurado farase público en xaneiro de 2024 e os traballos premiados na fase local participarán na fase provincial do certame, convocado pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura.