O venres, 2 de xuño, ás 21:00 horas a Casa da Cultura da Pontenova acollerá a proxección do documental Segadores da Órrea en Terras de Castela: unha historia de heroes.
Trátase dun feito histórico, social, antropolóxico e cultural narrado por trinta e un homes e mulleres que o viviron en primeira persoa procedentes da parroquia de Santa Comba da Órrea, Riotorto (A Terra de Miranda).
O evento está organizado pola asociación musical A Chocolateira, Concello da Pontenova, Deputación de Lugo e Asociación de Veciños e Veciñas de Santa Comba da Órrea.