O Concello de Cervo, en colaboración coa Federación Galega de Kárate, acollerá o XIII Campionato Galego de Nihon Tai-jitsu o vindeiro sábado, 27 de maio.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares e o edil de Deportes, David Rodríguez, presentaron o evento acompañados do director do departamento de Taijitsu da Federación Galega de Kárate, Miguel Ángel Rojo, veciño tamén do municipio.
A representación mariñana estará conformada por uns 20 participantes, uns 40 en total, que competirán nas modalidades de kata e Goshin Sobu nas categorías infantil, benxamín, xuvenil e sénior.
A proba disputarase a partir das 11:00 horas no Pavillón do CEIP Península da Paz.
Haberá trofeos e medallas para os tres mellores de cada categoría.