A Concellería de Medio Ambiente de Xove convoca o II Concurso de Fotografía para celebrar o día do medio ambiente, baixo o epígrafe “Cal é o teu espazo natural preferido de Xove?”.
Desde o Concello explican que “o obxec tivo do concurso é potenciar o coñecemento do medio natural do concello. Para a súa consecución buscamos a imaxe preferida de cada participante do espazo natural (praia, campo, monte, río, xardín, árbore, pena,…) do Concello de Xove. Pode ser unha fotografía dese lugar ou o/a participante realizando unha acción nese entorno natural”.
Categorías de participación:
• INFANTIL ---- ata os 12 anos.
• XUVENIL ---- de 13 a 17 anos (ambos incluídos).
• ADULTO ---- de 18 anos en diante.
Premios:
• Un trofeo en cada categoría á foto que máis guste (máis votada) segundo votación popular.
• Un OBSEQUIO institucional a cada participante.
• O prazo de recepción dos traballos comeza o luns 8 de maio e remata o mércores 31 de maio ás 0.00h
• O xoves 1 de xuño as fotografías participantes serán publicadas, por categorías, na páxina de FACEBOOK do Concello de Xove , onde a cidadanía poderá votar pola súa foto favorita ata o luns 5 de xuño, ás 0:00h.
• Cada participante poderá presentar unha sóla fotografía. Pedimos que a fotografía presentada teña unha mínima calidade para ser colgada no Facebook, co fin de facilitar un bó visionado da mesma. A organización do concurso adaptará as fotografías á capacidade da rede na que vai ser publicada.
• A fotografía que máis "ME GUSTA" acade en cada categoría será a gañadora.
Requisitos:
• Para participar as fotografías enviaranse por correo electrónico a medio.ambiente@xove.es.
No correo electrónico, ademáis de incluir a fotografía participante, haberá que incluír tamén a seguinte información:
o Nome, apelidos e data de nacemento da autora ou autor.
o Descrición ou título da fotografía.
o Número de teléfono de contacto.
o No caso dos menores de idade tamén se especificará nome, apelidos, e teléfono de contacto das nais/pais ou titora/titor legal.
o Se na fotografía aparecen persoas deberán indicarse os seus datos e a conformidade para ser fotografiada/o.
o Os premios daranse a coñecer o venres 9 de xuño, a través da mesma páxina de Facebook do Concello de Xove, así como na web www.xove.es.
o O mesmo día, 9 de xuño, comunicarase o día, hora e lugar no que se entregarán os trofeos aos gañadores e a entrega de obsequio a cada participante.
• Todas as fotografías do concurso poderán ser expostas ou publicadas en internet para súa difusión sen ánimo de lucro.