A parroquia de San Isidoro de Monte, no municipio de Xove, celebrará as súas festas patronais os día 15 e 16 de abril, sábado e domingo.
As actividades dos festexos comezarán o sábado 15 ás 13:00 horas con misa solemne e procesión. A continuación haberá sesión vermú co dúo Belinda. E ás 15:00 horas empezará un xantar, que se celebrará nunha carpa totalmente pechada e para participar hai que inscribirse previamente a través do teléfono 646.647.619. A partir das 17:00 actuarán o dúo Belinda e Tania Veiras e haberá concurso de bailes con trofeos para as tres mellores parellas de pasodoble e para a mellor parella de bachata.
Para o domingo 16 a partir das 10:00 horas está programada unha xuntanza cabalar e unha ruta de sendeirismo. Posteriormente haberá un xantar, no que hai que apuntarse previamente a través do teléfono 646.647.619. A sesión vermú, ás 14:00 horas, estará amenizada por José Anido, que volver actuar a partir das 17:00 horas.
Estes festexos están organizados pola asociación Cruz de Loureiro, de San Isidoro de Monte, co patrocinio do Concello de Xove e a colaboración de varias empresas da Mariña.