Tabú, de Carmen Conde, chega o 5 de marzo a Ourol para conmemorar o día da muller.

O espectáculo Tabú, da compañía lucense Tarabela Creativa, protagonizado por Carmen Conde con música ao vivo de Nastasia Zürcher, chega este domingo 5 de marzo a Ourol para conmemorar o Día da Muller. Será no Edificio Multiusos do concello a partir das 17.00 horas. A entrada será de balde.
 
"Tabú" é o espectáculo de Carmen Conde, que nace froito das conversas recollidas con mulleres de entre 70 e 95 anos no Valmiñor, o Morrazo, o Courel, a Mariña Lucense, a Costa da Morte e o Couto Mixto sobre a súa vida erótica e sexual de xuventude.
 
Un show de narración oral coa misión de transmitir as historias de confusión, segredismo, amor, picaresca e sexualidade (a máis cruel e a máis desexada) das mulleres que son cimento da nosa terra, as que poden explicar o que somos agora nós: fillas do Tabú.
 
Un tendal para poñer ao clareo todas as intimidades.