O 16 de decembro preséntase na Casa da Cultura focense o libro "As tarrafas de Foz", de Andrés Díaz.

O venres, 16 de decembro, ás 20:30 a Casa da Cultura de Foz acolle a presentación dun libro de Andres Díaz sobre a arte das tarrafas no concello de Foz. O acto está organizado pola asociación A Pomba do Arco. 
 
O autor explicará na súa conferencia cales son as características destas embarcacións no porto de Foz, as súas diferenzas coas do porto de Viveiro, o número de buques que desde comezos do século XX traballaron nesta arte en Foz e os patróns máis significados e mariñeiros máis significados deste período.
 
Andrés Díaz proxectará na súa palestra diversas fotos de barcos da arte da tarrafa que tiñan como base o porto de Foz.