O Concello de Alfoz abre o vindeiro luns, 19 de setembro, o prazo de inscrición para participar en actividades deportivas para adultos, concretamente nas modalidades de aerobic, ximnasia de mantemento e ioga. As solicitudes deben entregarse na Oficina de Rexistro do Concello ata o 26 de setembro. As prazas son limitadas e por rigorosa orde de entrada en rexistro. As actividades comezarán no mes de outubro e rematarán a finais de maio.
A ximnasia de mantemento será luns e mércores de 18:30 a 19:30 horas no pavillón municipal. O ioga desenvolverase na Escola de Nenos de Adelán e haberá dous grupos: un os martes e xoves e de 17:00 a 18:00 horas; e o outro os luns de 17:00 a 18:00 horas. E o aeróbic será no pavillón municipal os luns e mércores de 19:30 a 20:30 horas.
Os interesados en máis información poden chamar ao teléfono 982.558.001 (extensión 2).