O Valadouro acollerá a terceira edición de Cine na Rúa, da man da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo e en colaboración coa Área de Cultura do Concello.
Será o 28 de agosto as 21:30 horas con entrada de balde e orientada para público familiar. A filme proxectada será “O último verán en Escocia”, na súa versión en galego, que segundo a crítica “é unha comedia moi entretida cunha forte dose de moralina que case logra emocionar pero, iso si, acada sacar un amplo sorriso e algunha que outra gargallada”.
Trata dun matrimonio en crise que viaxa a Escocia con motivo do 75 aniversario do avó. Como está gravemente enfermo tratan de ocultar a súa difícil situación para que non lle afecte á saúde, pero non lles vai ser nada doado manter o segredo por mor dos seus tres falangueiros fillos.
Farase na Praza de Santa María – Ferreira, pero se as predicións meteorolóxicas non foran as idóneas,a proxección trasladarase ó Salón de actos do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade Manuel Lourenzo do Valadouro.