A Asociación de Veciños San Sebastián de Carballido organiza a Feira do Trece que se celebrará na parroquia de Carballido, en Alfoz, o 18 de xuño.
Ás 10:00 horas terá lugar a apertura da feira na que haberá postos de gando, maquinaria, artesanía e produtos da zona como cereixas. Ás 13:00 horas celebrarase a sesión vermú e un xantar con menú típico e ás 16:30 procederase á entrega de premios da feira e sorteo de agasallos.
Ás 18:00 horas terá lugar unha exhibición canina a cargo de Paco Lobo coa participación de campións e subcampións de Europa e de España. Ás 18:30 h. haberá unha mostra de adestramento canino caneduro e ás 21:00 horas volverá unha segunda exhibición canina de Paco Lobo. A xornada rematará cunha cea e verbena.
No concurso de gando haberá premios para o lote máis numeroso de gando vacún e cabalar, para o mellor cabalo ou besta de montura, para o mellor cabalo ou besta de tiro e para a mellor vaca.
Colaboran na organización deste evento: Concello de Alfoz e Deputación Provincial de Lugo.