O Concello de Alfoz convoca o segundo concurso de fotografía, unha nova edición co mesmo formato ca realizada o outono pasado. O prazo de entrega de fotografías estará aberto desde o vindeiro 15 de abril ata o 31 de maio.
Está dirixido a afeccionados á fotografía a partir de 16 anos, que poderán optar aos 3 premios da categoría de mellor fotografía. Cada participante pode presentar 2 imaxes, as cales deberán mostrar a riqueza de Alfoz nos seguintes campos: espazos naturais de interese, de lecer, culturais, etcétera; ou patrimonio monumental, arqueolóxico e etnográfico. Os premios son de 300 euro, 200 euros e 150 euros.
Pódense consultar as bases no seguinte enlace: https://drive.google.com/file/d/1qGdQUcXG9cZhaRaeUt3ewdeCodd32KXU/view?u..., e descargar o modelo de inscrición en: https://drive.google.com/file/d/1x0oQHuu3ynVeD2RcOVTkTn1sWZC-xY33/view?u.... Están publicados na web do concello na sección de noticias.
A primeira tenente de alcalde, Arantxa Incera, explica que “esta iniciativa está subvencionada polo Plan Único da Deputación Provincial de Lugo, dentro da Área de Turismo, coa finalidade de promocionar o noso municipio como destino turístico, potenciando sobre todo a súa beleza natural e historia. Completarase nun futuro cunha exposición das obras presentadas ao certame no Castelo de Castro de Ouro, onde se poden ver as instantáneas da edición anterior, Alfoz en outono, os sábados, domingos e festivos de 12.00 a 19.00 horas”.