Do 1 ao 3 de abril celebrarase en Foz a 17ª Ruta das Tapas, que este ano se enmarca nas Xornadas Gastronómicas imPULSA Foz, que organiza o Concello coa colaboración de AciaFozCCA.
O presidente do CCA focense, José Carlos Paleo, sinala que “chegamos a unha nova edición da clásica Ruta das Tapas de Foz, que será diferente debido á situación sanitaria que estamos a vivir. O ano pasado non puido celebrarse, pero neste 2021 son un total de 17 locais, socios e non socios de AciaFozCCA, os que ofrecerán as súas propostas gastronómicas en miniatura desde o xoves ata o sábado”.
Os participantes son: A Cancela, Cafetería Llas, Centro Social Cangas, Costumes do Mar, O Paseo, O Taco, Rincón do Mis, San Miguel, Teleclub Vilaronte, Restaurante Dandy, Bar 78, Tangarte, Mayros, Xoyma, Anduriña e A Rambla.
Paleo indica que “estamos diante dunha alternativa atractiva para as veciñas e veciños de Foz, do resto da comarca da Mariña e para todas as galegas e os galegos que estes elixen esta zona para pasar a Semana Santa, sempre cumprindo coa normativa sanitaria en vigor en cada momento, respectando os aforos, a distancia de seguridade, os horarios de peche, etc”.
Comercio na Rúa
Ademais estes días ten lugar unha nova edición do Comercio na Rúa, que organiza AciaFozCCA. Será hoxe, día 31, e tamén mañá e o sábado, 1 e 3 de abril respectivamente.
Os 31 establecementos comerciais que participan nesta iniciativa ofrecerán descontos especiais nas rúas focenses e en caso de mal tempo faranos no interior dos locais. Son: 5 Lobiños, Alain Afflelou, Arrullos, Briz Peluquería, Buxo Xogos, Carmen León Zapatería, Cenor Belianorte, Chinela Nenos, Chuvia, Decoraciones Pura, Din e Don, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hola Ola, La Flor Abulense, Librería A Rapadoira, Librería Bahía, Longarela, Lourdes Moda Íntima, María Docampo, Mc Automotive, N1 Zapatillas, OfiFoz, Sensación Surf, Sueños, Unique-2, Vagaluz, Vas´s, Vas´s Outlet e Xanela.
O xoves, 1 de abril, a Charanga Santa Compaña, da Coruña animará coa súa música as rúas de Foz.
Colaboran na organización desta campaña no comercio focense: Impulsa Foz, Concello de Foz, Comercio Seguro e Xunta de Galicia.
Tardeos
En marcha está tamén a campaña Tardeos, de AciaFozCCA, na que participan oito locais hostaleiros: Bar 78, Anduriña, Espacio Machete, Marexada, Namarinos, Pelolo, Portochico, Xoyma e Yoglio-Colón 5.
José Carlos Paleo, o presidente de AciaFozCCA, lembra que “é unha campaña pensada para animar a disfrutar das tardes dun xeito relaxado, de cócteles, de viños, de cañas, de merendas… trátase de aproveitar as tardes para tomar algo con calma antes de retornar ás casas ás dez da noite”.