Nemesio Rodríguez, exdirector do IES de Foz, será o pregoeiro das festas de San Lourenzo 2015. O acto terá lugar este venres, 7 de agosto, na Casa da Cultura.

Nemesio Rodríguez, exdirector do IES de Foz, será o pregoeiro das festas de San Lourenzo 2015. O acto terá lugar este venres, 7 de agosto, na Casa da Cultura.
 
Nemesio Rodríguez, exdirector do IES de Foz, será o encargado de ler o pregón das festas de San Lourenzo, as patronais de Foz. Así o anunciou o alcalde, Javier Jorge Castiñeira, que destacou a contribución do profesor á historia do instituto focense e á vila. Rodríguez fará lectura do pregón o próximo venres ás 20:30 horas na Casa da Cultura de Foz. 
 “A comisión de festas Sempre Foz xunto coa Concellería de Cultura decidiu nomear como pregoeiro do San Lourenzo 2015, festas patronais de Foz, a Nemesio Rodríguez, que durante case 35 anos foi director do IES de Foz e neste mesmo ano deixou esa labor de dirección por ver cerca a súa feliz xubilación. Polo tanto no nome de todos os focenses e da comisión de festas Sempre Foz facemos esa pequena homenaxe a unha persoa que dedicou moitísimo tempo da súa vida a sacar adiante un instituto de Foz que a día de hoxe vive un momento fabuloso. Foi precursor en moitas das actividades que se están a facer tanto na Escola de Hostalería como noutros departamentos do instituto e é referencia en moitos estudos como poden ser Cociña ou Hostalería”, resaltou Castiñeira. “A verdade é que todos estamos en débeda con Nemesio e estamos moi contentos de que aceptase este reto de dar por iniciadas as festas de San Lourenzo 2015, porque é unha persoa ben representativa e querida no concello de Foz e que sen dúbida algunha merece ese recoñecemento de todos os focenses”, engadiu.
O alcalde chamou tamén á participación e anima “a todas as persoas a que o próximo venres ás oito e media da tarde se acheguen á Casa da Cultura de Foz,  onde daremos inicio a esas festas e se dará lectura a ese pregón por parte de Nemesio Rodríguez”.