Este venres, 27 de novembro, ás oito e media da tarde, preséntase na Librería Bahía, en Foz, a novela “O coitelo de pedra fundida”, de Francisco Antonio Vidal.
Segundo explican desde Bahía “trátase dunha historia de misterio ambientada na época celta, na que se mestura a intriga e a crítica ao poder relixioso. O autor é asiduo colaborador en distintos medios da prensa diaria. E autor de novelas coas que acadou varios premios, como o Avilés de Taramancos ou o premio Concello de Viveiro no ano 2003, e tamén ten publicados ensaios nomeadamente sobre a figura de Manuel Murguía”.