Foz acollerá do 24 ao 26 de marzo a XIII Ruta das Tapas, que organiza o Centro Comercial Aberto. Dezasete locais participan na cita.

Foz acollerá do 24 ao 26 de marzo a XIII Ruta das Tapas, que organiza o Centro Comercial Aberto. Dezasete locais participan na cita.
 
Do 24 ao 26 de marzo celébrase en Foz a décimo terceira edición da Ruta de Tapas, que organiza o Centro Comercial Aberto.
 
As saborosas propostas da hostalaría local poderán degustarse de 13 a 15 horas e de 20 a 23 horas. O prezo das tapas será de 1,50 euros. 
 
Os locais participantes son: A Funcional, Bar 78, Express, Happy Days, Mayros, Anduriña, Xoyma, Casa Maño, Fraggle Rock, Buda, Namarinos, O Lar de Bustos, O Muelle, Costumes do Mar, Dandy, Tangarte Mariñeiro e Tangarte Mesón. 
Na páxina de facebook de Acia/CCA de Foz os que acudan á Ruta das Tapas poderán escoller a que consideren que teña a mellor presentación. Ese será o premio do público e un xurado especializado elixirá as tres mellores tapas. 
 
O presidente de Acia/CCA de Foz, José Carlos Paleo, sinalou que “estamos diante dunha cita gastronómica que xa está consolidada na Mariña”. E agarda que “sexan moitos os que se acheguen a saborear as tapas que teñen deseñadas os 17 locais participantes”.