Volta
A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Ecovidrio e o Concello de Mondoñedo colaborarán para concienciar á poboación sobre a necesidade de reciclar os envases de vidro con motivo da Volta Ciclista a España 2018, que este ano comezará unha das súas etapas desde o municipio lucense.
Baixo o lema Recicla vidro e pedalea, a iniciativa pretende aproveitar o tirón e o reclamo que supón o paso deste evento deportivo por varias localidades de todo o país para sensibilizar no respecto ao medio ambiente a veciños e amantes do ciclismo, e implicalos á vez no obxectivo de incrementar as taxas actuais de recuperación destes residuos.
Así o subliñou a directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, María Cruz Ferreira, que participou esta mañá na presentación da campaña en Mondoñedo xunto á...
leer másO alcalde, Alfredo Llano, amósase satisfeito tras coñecer que a Volta Ciclista a España pasará o 6 de setembro por Burela. Trátase dunha etapa longa, de 179 quilómetros, que sae de Mondoñedo e remata en Estaca de Bares.
O rexedor burelés salienta que “hoxe tivemos a noticia, creo que moi interesante con respecto ao deporte, de que o próximo 6 de setembro vai pasar a Volta Ciclista a España polo noso concello, vai cruzar por Arcadio Pardiñas”.
Alfredo Llano lembrou que “é un tema do que xa tíñamos falado en Fitur este ano. Xa daquela ían tratar de que pasase polo noso concello, e agora acaban de confirmalo para o día 6 de setembro”.
O alcalde explicou que “é unha etapa longa de 179 quilómetros que remata en Estaca de Bares, e que comeza en Mondoñedo”.
Llano...
leer másA IV Volta Ciclista ás Comarcas de Lugo, Desafío Volta Lugo 2018, comezará mañá, venres, coa participación de 200 corredores chegados de todo o territorio nacional e do norte de Portugal, que percorrerán 12 concellos da provincia de Lugo ao longo da fin de semana. O Goberno da Deputación é o principal patrocinador deste evento deportivo, organizado polo Club Cidade de Lugo, cunha achega de 65.000 euros, sendo xunto cos Concellos da Fonsagrada, A Pontenova e Lugo, as únicas administracións que colaboran.
Trátase daúnica volta cicloturista por etapas desenvolvida en Galicia e unha das poucas de toda a Península Ibérica.A cita desenvolverase durante a fin de semana en tres etapas, que pasarán por doce municipios da provincia: Lugo, Castro de Rei, A Pastoriza, Riotorto, Lourenzá, A Pontenova, Meira, Ribeira de Piquín, A Fonsagrada, O Cádavo,...
leer másO Vicepresidente da Deputación e Alcalde da Fonsagrada, Argelio Fernández Queipo, o Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, e o Tenente Alcalde da Pontenova, Francisco Martínez Bermúdez, presentaron este mércores no Concello da Fonsagrada a IV Volta Ciclista ás Comarcas de Lugo, Desafío Volta Lugo 2018, que terá lugar os vindeiros días 25, 26 e 27 de maio organizada polo Club Cidade de Lugo. O Goberno da Deputación é o principal patrocinador deste evento deportivo cunha achega de 65.000 euros,pois trátase daúnica volta cicloturista por etapas desenvolvida en Galicia e unha das poucas de toda a Península Ibérica,sendo xunto cos Concellos da Fonsagrada, A Pontenova e Lugo, as únicas administracións que colaboran.A volta desenvolverase durante a fin de semana en tres etapas, que pasarán por doce municipios da provincia: Lugo, Castro de Rei, A Pastoriza, Riotorto,...
leer másA Volta ás Comarcas de Lugo 2017, Desafío Volta Lugo, arranca este venres con 176 participantes inscritos e o patrocinio principal do organismo provincial. O Goberno da Deputación decidiu realizar unha achega de 65.000 euros para a celebración desta cita deportiva como dinamizadora da economía lucense, posto que terá un retorno económico aproximado de 100.000 euros para a provincia, así como pola oportunidade única que supón para promover turisticamente cada un dos 13 Concellos polos que discorre: Lugo, Castro de Rei, A Pastoriza, Riotorto, A Pontenova, Meira, Ribeira de Piquín, A Fonsagrada, OCádavo, Castroverde, O Corgo, Láncara e Guntín.
O Desafío Volta Lugo é unha das citas máis agardadas da tempada posto que se trata da única volta cicloturista por etapas desenvolvida en Galicia, e unha das poucas que se celebran a nivel nacional....
leer másO Presidente, Darío Campos Conde, xunto ao Alcalde do Concello de A Fonsagrada, Argelio Fernández Queipo, o Concelleiro de Deportes e Medio Rural do Concello de Lugo, Miguel Fernández Méndez, o Presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Múñiz Nieto, e o Presidente do Club Ciclista Cidade de Lugo, José María Seijas Fernández, presentaron este xoves a III edición da Volta Ciclista ás Comarcas de Lugo. Fixérono acompañados polo exciclista profesional Ezequiel Mosquera Míguez, na Praza dos Fornos de A Pontenova, lugar de saída da segunda etapa deste desafío cicloturista.
O organismo provincial é o principal patrocinador desta proba deportiva,consolidada como a única Volta Cicloturista por etapas desenvolvida en Galicia, pois achega 65.000 euros para a súa celebración, promovendo deste xeito o deporte na provincia de Lugo e dando...
leer más