Tendas

Etiquetas:
21/11/2018

O Centro Comercial Histórico de Viveiro porá en marcha a campaña Black Friday os días 22 e 23 de novembro. Traballando estes días en recuperar a actividade comercial habitual tras as inundacións sufridas, podemos indicar que o éxito de participación de negocios nesta iniciativa é superior ao habitual. Agora mais que nunca podemos decir que a palabra unión cobra todo o seu significado. Serán 66 negocios participantes, de varios sectores distintos, que farán fantásticos descontos durante o xoves 22 e vernes 23, coñecido como o venres negro.  

Participan locais de moda, calzado, complementos, infantil, deportes, lencería, xoias, mobles, decoración, perfumería, beleza, artigos para o fogar, alimentación, iluminación, óptica, telefonía, tecnoloxía, papelerías, ferretería, xoguetes, fotografía e axencias de viaxes. A gran variedade de tendas que...

leer más
Etiquetas:
01/11/2018

O Centro Comercial Histórico de Viveiro aposta unha vez máis por impulsar as compras e o ocio na súa cidade. Pon en marcha este venres 2 e o sábado, 3 de novembro, a campaña Shopping Weekend, un fin de semana de compras ofrecendo fantásticos descontos en miles de artigos. 

Unha oportunidade para pasar a fin de semana facendo compras nos 57 comercios participantes na campaña e desfrutar de descontos do 20% en miles de artigos. Participan locais de moda de home, muller e nenos, calzado, complementos, artigos de deporte, lencería, xoias, mobles, decoración, agasallos, perfumería, beleza, artigos para o fogar, alimentación, iluminación, óptica, telefonía, librerías e papelerías, estancos, perruquerías etc. Xa Van vaias edicións desta campaña, radicando o éxito da mesma na oportunidade de mercar cun desconto importante moitos artigos de...

leer más
Etiquetas:
27/09/2018

A xunta directiva de Acisa ultima os detalles das campañas que se desenvolverán en Ribadeo ata finais de ano. Do 2 ao 4 de novembro terá lugar unha nova edición das xornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo e do 22 ao 25 dese mes celebrarase o Black Friday. 

Na reunión mantida esta semana pola xunta directiva de Acisa acordouse continuar cun traballo intenso para tentar que o peche do ano sexa positivo e fíxose balance da repercusión que o turismo tivo para o comercio e a hostalería  ribadense: “aínda que o mes de xullo foi bastante frouxo con respecto a anos anteriores, agosto cumpriu coas expectativas que nos realizamos, sobre todo para os hoteis e restaurantes da nosa vila. Setembro tamén estivo ben, pero debemos traballar para mellorar o impacto turístico no comercio e nos bares. É certo que puidemos ver as rúas de Ribadeo ateigadas...

leer más
Etiquetas:
21/06/2018

Chega a fin de semana sen IVE a máis dunha trintena de establecementos comerciais asociados ao Centro Comercial Aberto de Foz. Os días 22 e 23 de xuño, venres e sábado, aquelas persoas que fagan as súas compras nos locais participantes nesta campaña obterán descontos especiais. 

Desde o Centro Comercial Aberto recomendan consultar as promocións en cada establecemento. “Chega o verán e é un bo momento para aproveitar esta campaña e así facerse con aquelas prendas de tempada a prezos máis económicos nos comercios do noso pobo”, explican desde ACIA/CCA de Foz e insisten en que “o comercio fai pobo e niso debemos seguir pensando sempre, en todas as épocas do ano”.

Esta campaña chega uns días antes da 5ª Festa Vintage, que se celebrará a finais deste mes de xuño. O Centro Comercial Aberto de Foz está a ultimar os...

leer más
Etiquetas:
08/06/2018

O Centro Comercial Histórico de Viveiro aposta unha vez máis por impulsar as compras e o ocio na sua cidade. Pon en marcha este venres, 8 de xuño, e o sábado, día 9, campaña Shopping Weekend,  un fin de semana de compras ofrecendo fantásticos descontos en miles de artigos.

Unha oportunidade para pasar a fin de semana facendo compras nos 62 comercios participantes na campaña e desfrutar de descontos do 20% en miles de artigos. Esta é a edición máis concurrida en canto ó número de locais participantes de tódalas que se levan realizado. Participan locais de moda de home, muller e nenos, calzado, complementos, artigos de deporte, lencería, xoias, mobles, decoración, agasallos, perfumería, beleza, artigos para o fogar, alimentación, iluminación, óptica, telefonía, librerías e papelerías, estancos, perruquerías  etc.
 
Os locais...

leer más
Etiquetas:
23/11/2017

Arredor de 40 locais comerciais de Foz participarán no Black Friday, que organiza o Centro Comercial Aberto durante os días 24 e 25 de novembro. 

“As persoas que estes días se acheguen á localidade poderán gozar de grandes descontos nun número importante de tendas. Con esta campaña o que facemos é adiantarnos un pouco ao Nadal e animar así á xente a facer algunhas compras para esas datas aquí en Foz, no comercio da nosa vila”, explican desde a directiva de Acia-CCA de Foz. 

Campañazo
Por outra banda, o 24 de novembro (este venres) chega unha nova edición do Campañazo, que organiza o Centro Comercial Aberto de Foz. En total vanse repartir 1.800 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados. Os sorteos terán lugar os días 24 de novembro e 1 e 5 de decembro e destinaranse 300 euros para o...

leer más