Surf
17/06/2015
Desde a ACD Xove explican que “este ano como en anos anteriores solo imos facer unha actividade deportiva para o verán que será a de surf na praia de Esteiro e impartido pola Escola Galega de Surf que estará organizada da seguinte forma:
CURSO DE INICIACION O SURF (PARA PRINCIPIANTES)
•Para nenos-as e rapaces-zas con + 7 anos (2º Primaria)
•Os que empecen por primeira vez, ou empezaron por primeira vez o ano pasado van ter a actividade totalmente gratuíta.
•Datas: Primeira quincena do mes de xullo (1 ó 15). Todos os días, de luns a venres (11 dias). en horarios por determinar segundo as mareas.
... leer más 12/05/2015
A Academia Imdecum abrirá a cuarta edición das súas Xornadas do Deporte a vindeira semana con surf. A campioa de Europa Surf 1997-1999 e Longboard 2010, Estitxu Estremo, falará da riqueza deste deporte na Mariña o vindeiro luns, 18 de maio, ás 10.00 horas, no IES Monte Castelo de Burela.
O programa formativo da Academia Imdecum tamén abordará o fútbol gaélica, o fútbol e o rally. A iniciativa, que conta ademais coa colaboración da Deputación de Lugo e o IES Monte Castelo, está destinada a alumnado e titulados/as do ciclo superior de Actividades Físicas e Deportivas do centro burelao, monitores deportivos e demais profesionais relacionados co deporte, así como a todo o público interesado.
... leer más