A ACD Xove organiza novos cursos de surf durante o verán. Serán de iniciación e perfeccionamento e impartiranse en xullo e agosto.

A ACD Xove organiza novos cursos de surf durante o verán. Serán de iniciación e perfeccionamento e impartiranse en xullo e agosto.
 
Desde a ACD Xove explican que “este ano como en anos anteriores solo imos facer unha actividade deportiva para o verán que será a de  surf na praia de Esteiro  e  impartido pola  Escola Galega de Surf  que estará organizada da seguinte forma:
 
CURSO DE INICIACION O SURF (PARA PRINCIPIANTES)
•Para nenos-as e rapaces-zas con + 7 anos (2º Primaria) 
•Os que empecen por primeira vez, ou empezaron por primeira vez o ano pasado van ter a actividade totalmente gratuíta.  
•Datas: Primeira quincena do mes de xullo (1 ó 15). Todos os días, de luns a  venres (11 dias). en horarios por determinar segundo as mareas. 
 
CURSO DE PERFECCIONAMENTO AO SURF 
Para nenos-as e rapaces-zas, que xa é o terceiro ano que van ir a surf, ou que  queiran seguir, a partir de facer o de iniciación da primeira quincena de xullo. 
• Datas: do 16 de xullo ó 16 de agosto, tres días a semana. 
• Incluído transporte para levalos a Esteiro e traelos, dende o Centro Cívico. 
• Prezo Curso mes e alumno-a: 100.-€. A ACD.XOVE, aportará o 50% 
• Cota Curso/mes: 50.-€ a pagar por alumno-a. Ingreso en Conta ACD.XOVE.
Os Cursos inclúen: Táboas de iniciación ou perfeccionamento. Traxes de neopreno. Seguro. Transporte (curso de perfeccionamento). Monitores Acreditados pola Federación Galega de Surf. NOTA: Unha vez que teñamos as inscricións, poñerémonos en contacto cos  alumnos-as para determinar todo”. 
Mais información en www.acdxove.es ou no telefono 618976159
 
Desde a ACD XOove engaden que “estamos dando por rematada unha tempada 2014-2015 que deportivamente foi impresionante,.... para non esquecer. Tempada cun montón de éxitos, tanto en actividades i eventos deportivos, como en competicións deportivas (Fútbol 8, Fútbol Sala, Patinaxe Artística, Atletismo, Xadrez, Tenis de Mesa…). Os nosos nenos-as poden practicar e competir, nunha variedade deportiva espectacular, e dos cales nos sentimos tamén moi orgullosos, pois moitos deles son “moi bos e fano moi ben”, na súas respectivas especialidades e compiten a un alto nivel. O broche final da tempada,foi a Iº Gala do Deporte, organizada polo Concello de Xove, na cal os nosos deportistas puideron gozar dun momento moi especial e do recoñecemento de todos”.