San Martiño
23/03/2015
O Concello de Foz amplía o horario de apertura da oficina municipal de turismo, que está situada no edificio do Cenima, durante a Semana Santa, concretamente do 30 deste mes de marzo ao 4 de abril, e haberá visitas guiadas á basílica de San Martiño.
A concelleira de Turismo, Maite López Rego, explicou hoxe que “como todos os anos por estas datas, dende a Concellería de Turismo queremos achegar aos nosos veciños e visitantes o horario da oficina de turismo dende o 30 de marzo ata o 4 abril. Durante eses días ampliamos o horario, que será polas mañás de 10 a 14 horas e polas tardes de 17 a 20 horas. Habitualmente está aberta só en horario de mañá”.
Maite López engadiu que “durante este último ano dende o Concello fixemos un esforzo...
leer más