Recollida

Etiquetas:
13/11/2020

Acisa colabora coa agrupación de Cáritas Ribadeo na localidade nunha recollida solidaria de alimentos para Nadal. Máis de 30 establecementos asociados participan nesta iniciativa que se prolongará ata mediados de decembro. 

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explicou que “se trata dunha iniciativa que poñemos en marcha en colaboración coa agrupación de Cáritas de Ribadeo e consiste nunha recollida solidaria de alimentos. A campaña comezou hoxe mesmo e prolongarase ata o segundo fin de semana de decembro”.

O presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, Francisco Iriarte, dixo que “desde Acisa levamos meses pensando na maneira de poder colaborar de forma activa cos máis necesitados. Son momentos difíciles, nos que hai moita xente que agora mesmo non ten ingresos, que perdeu o traballo...

leer más
Etiquetas:
07/12/2017

O Pescados Rubén Burela FS organizará unha campaña de recollida de alimentos este sábado, 9 de decembro, coincidindo coa visita do Software  DELSOL Mengíbar a Vista Alegre (18.30 horas). 

Baixo o lema ‘Nadal para Tod@s’, as persoas que así o desexen poderán facer as súas doazóns no pavillón, que  irán destinadas a Cruz Vermella de Burela, con produtos non perecedoiros (aceite, legumes, latas de conserva, alimentos infantís, arroz, cacao, azucre, galletas, pasta, fariña, leite…).

POR UNHA BOA CAUSA! COA DOAZÓN DUN SÓ PRODUTO PODES AXUDAR MOITO!

Sonia Fraga: “Nestes momentos o que máis precisamos é aceite, conservas e, sobre todo, leite”

Dende Burela, a Cruz Vermella desenvolve o programa de apoio de entrega de alimentos a familias necesitadas, procedente de...

leer más
Etiquetas:
03/10/2015
Nordés Faladora organiza as II Xornadas de Iniciación á Micoloxía, que terán lugar o 8 e o 10 de outubro no Barqueiro e en Ortigueira.
 
O colectivo Nordés Faladora “convídate a participar nas II Xornadas de Iniciación á Micoloxía para que, si queres sair a recolleitalos, saibas cales son as variedades comestibles e diferencialas das venenosas principalmente, así como daquelas que non teñen valor culinario”.
 
Os organizadores sinalan que “da mán de José Luis Cuba aprenderemos non so iso, senón tamén a como collelas para que a nosa acción non supoña a súa desaparición futura”.
 
Para iso farase unha sesión teórica previa na Casa do Concello de Mañón, en O Barqueiro, o xoves, 8 de outubro, ás 20:00 horas, que terá continuidade o sábado, día 10, ás 7:30 da mañá para poñer en práctica os...
leer más