A Fundación Expomar ultima o programa de actividades que se desenvolverán durante a celebración da XIV edición de Produart, que terá lugar en Burela do 5 ao 7 de agosto.

A Fundación Expomar ultima o programa de actividades que se desenvolverán durante a celebración da XIV edición de Produart, que terá lugar en Burela do 5 ao 7 de agosto.
 
A fin de semana do 5, 6 e 7 de agosto terá lugar en Burela a  XIV edición de Produart, feira dos produtos artesanais e ecolóxicos, que abrirá a suas portas a partires das 17.30 horas do día 5, con carácter  totalmente  gratuito para @s visitantes.
 
Produart 16 comeza esta edición cun programa de actividades paralelas á propia exposición comercial que se desenvolverá no recinto feiral durante as datas de realización da feira. As  mesas redondas, que se celebrarán son varias. A primeira será o venres a partires das 20.30 horas, tamén estan programados talleres para nen@s durante o sábado día 6, demostracións en vivo, degustacións , videoactiv@,  etc...  todalas actividades  paralelas, acompañarán nestas datas á exposición comercial dos produtos artesáns e ecolóxicos representados.
 
A organización, a Fundación Expomar, nestes momentos está ultimando  toda a programación do evento e informa que o prazo de participación rematou por este ano...