Piragüismo
Esta mañá presentouse no Concello de Ribadeo a II Regata Copa Deputación de Lugo de Piragüismo que se celebrará este domingo, día 6, ás 15:30 horas na ría. Na cita participarán 193 palistas de 6 clubs. Está organizada polo Club de Piragüismo Altruán de Ribadeo, coa colaboración do Concello e da Área de Deportes da Deputación Provincial. No acto participaron: Fernando Suárez, alcalde de Ribadeo; Mónica Freire, responsable da Área de Mocidade da Deputación; Jorge Díaz, concelleiro de Deportes; José Ángel Fernández, secretario do Club de Piragüismo Altruán; e Marcos Martínez, adestrador deste club.
O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, dixo: “en primeiro lugar agradecer ao Club Altruán, a todos os seus efectivos e aos seus colaboradores que aposten outra vez por facer unha regata así porque, independentemente de que vexo que por temas...
leer másO Encoro de Ríocobo acollerá o vindeiro sábado, 31 de outubro, a derradeira regata da Copa Deputación de Piragüismo, organizada polo Club Deportivo San Ciprián, coa colaboración do Concello de Cervo.
O edil de Deportes, David Rodríguez, o responsable da sección de piragüismo do Club, Iván González e o adestrador do Club Sergio Álvarez, presentaron a proba que arrincará ás 15:30 horas; e na que competirán en representación da Mariña, e ademais da entidade anfitrioa, o Club de Piragüismo Altruán de Ribadeo, o Kayak de Foz e o club de piragüismo Viveiro Urban.
O edil desexoulle moita sorte a todos os deportistas, que competirán nas categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil, nas modalidades K1 e C1;
e especialmente aos representantes do Club Local que participará con 13 palistas; e...
O deputado de Deportes Efrén Castro participou na presentación da 58 edición da proba de piraguismo Travesía de Foz, que se celebrará o vindeiro domingo a partir das 11.00 horas.
A proba, que puntúa a Liga Galega, contará este ano coa participación de 315 palistas das categorías cadete, xuvenil, senior e veterano, chegados de 30 clubs de Galiza e Asturias.
O presidente do Club Kayak Foz, Nacho Romillo, valorou “moi positivamente a participación na proba tendo en conta que estamos no final da temporada, nun ano difícil para todos pola situación sanitaria”.
O acto de presentación, fronte á sede do club, tivo tamén un caracter reivindicativo, mais aló do deportivo. “Historicamente todas as directivas do clbu foron empregados da fábrica de aluminio de Alcoa San Cibrao, polo que a pesar de...
leer másA Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia patrocina a 57 edición da Travesía Náutica de Foz, que este domingo, 25 de agosto, aspira a reunir a arredor de 400 piragüistas de distintos clubs galegos e asturianos.
A travesía Ría de Foz é unha das probas máis lonxevas do calendario deportivo, e inclúe competicións para as modalidades K-1, K-2, C-1 e C-2, nas categorías cadetes, xuvenís, senior e veteranos, todas en distancias de 1200 metros. Nas competicións participan tanto mulleres como homes.
O delegado aproveitou a súa intervención para gabar o traballo que desenvolve o club Kayak de Foz, anfitrión do encontro, que se destaca por ser berce de palistas moi destacados como o campión galego Xoel García (campión de España xuvenil e que recentemente participou no mundial de Bulgaria) ou Iago García (que...
leer másO Encoro de Ríocobo acollerá o sábado, 1 de xuño, a segunda regata da novena Liga Provincial, organizada polo Club Deportivo San Ciprián, coa colaboración do Concello de Cervo.
O alcalde, Alfonso Villares, o edil de Deportes, José Ramón Soto, presentaron a proba, acompañados polo presidente do Club Deportivo San Ciprián, Manel Gómez e do responsable da sección de piragüismo, Iván González.
En total estímase que serán máis de 200 deportistas os que se darán cita no Encoro de Riocobo, para competir nas categorías prebenxamín, benxamín, alevín A e B, infantil A e B, cadete, xuvenil, sénior e veterano; todas elas probas mixtas, nas modalidades K1 e C1.
A competición comezará ás 10:30 horas e participarán o Club Fluvial de Lugo, o club de piragüismo Cidade de Lugo, o Club de Piragüismo...
leer másO Encoro de Río Cobo será sede este sábado do Campionato Infantil de Piragüismo nas categorías K1 e C1.
A día de hoxe están inscritos 299 palistas de 34 clubs de toda Galicia, entre os que están os 6 da provincia de Lugo e os 4 da comarca da Mariña (Club Deportivo San Ciprián, Club Kayak de Foz, Club Altruán de Ribadeo e Club de Piragüismo Viveiro Urban Hotel).
Tal e como precisou Villares “levamos moitos meses traballando man a man co Club Deportivo San Ciprián e coa súa sección de piragüismo para poder traer esta regata a Cervo, porque desde o minuto un vimos que era unha boa oportunidade para a nosa zona, e cremos que o retorno será importante pola gran cantidade de xente, de familias, que move; ademais –precisou- é unha boa ocasión para dar a coñecer todos os atractivos que pode brindar o noso Concello ás...
leer másO Concello de Cervo será a sede do Campionato Galego Infantil de Piragüismo nas categorías K1 e C1.
A cita deportiva, que se disputará no Encoro de Río Cobo e que prevé reunir a máis de 300 palistas de máis de 30 clubs galegos, foi presentada polo alcalde, Alfonso Villares, o edil de Deportes, José Ramón Soto, pola directiva do Club Deportivo San Ciprián, Cristina Barreira, polo responsable da sección de piragüismo, Iván González, e por varios adestradores e rapaces que integran este departamento.
Tal e como precisou Villares “levamos moitos meses traballando man a man co Club Deportivo San Ciprián e coa súa sección de piragüismo para poder traer esta regata a Cervo, porque desde o minuto un vimos que era unha boa oportunidade para a nosa zona, e cremos que o retorno será importante pola gran cantidade de xente,...
leer másO Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, presentou no Club Kayak de Foz, a 56 edición da Travesía de Foz, que terá lugar este sábado, 8 de setembro, a partir das 16:30 horas.O evento deportivo reunirá a preto de 400 padexeiros, competindo en máis de 250 embarcacións de 30 equipos, chegados de toda Galicia e de Asturias. Na presentación tamén participouo Presidente do Club Kayak de Foz, Nacho Romillo, xunto a outras autoridades.
O Goberno da Deputación é o principal patrocinador desta proba deportiva cunha achega 7.000 euros. Este investimento permite aorganización desta tradicional Travesía, a terceira proba deste tipo máis lonxeva de España e a segunda de Galicia, posto que se organizou por primeira vez no ano 1962 e, dende entón, veuse disputando de maneira ininterrompida ata a actualidade.
Campos Conde...
leer más