Patronais
A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro e a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, presentaron o cartel das Festas Patronais deste ano, xunto á artista encargada do deseño, Oliva Díaz Mejuto.
Como cada ano, o Concello de Viveiro encarga o deseño do cartel a un artista local, co obxectivo de fomentar o talento artístico do municipio. Neste ano a pintora Oliva Díaz Mejuto, foi a responsable do cartel.
“O deseño de Oliva transmite sen dúbidas o espírito das nosas festas, cuxo programa completo detallaremos proximamente. De momento, xa anunciamos o concurso de karaoke, Viveiro Canta; o desfile dos cabezudos e mais o concerto de Mikel Erentxun”, recorda a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
Pola súa banda, a concelleira de Cultura recorda que esta iniciativa “pon en...
leer másO Concello de Viveiro traballa no programa das festas de San Roque, tras dous anos limitadas pola pandemia. E comeza a anunciar o programa das Patronais, que se celebran a mediados do mes de agosto con motivo do San Roque.
O concerto principal das festas deste ano será o ofrecido por Mikel Erentxun, un dos artistas máis consolidados no panorama da música en España. O seu concerto será na Praza Maior de Viveiro o 15 de agosto.
“O noso propósito é recuperar este ano as festas de San Roque ao máximo, tras dous anos de limitacións por mor da pandemia. Agardamos que a cidadanía e os visitantes gocen programación na que traballamos e que pronto anunciaremos ao completo”, sinala María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.
Ademais, co obxectivo de apostar pola música feita en Galicia o 13 de agosto...
leer másAs festas patronais de Burela na honra da Virxe do Carme e San Xoan Bautista darán comezo o 27 de maio coa estrea do alumeado festivo e a baixada da Vila do Medio. Ás 21:00 horas celebrarase a misa na honra da Virxe do Carme e a procesión desde a Igrexa da Vila do Medio ata a parroquial acompañada da Banda de Gaitas Dambara.
O sábado 28 ás 20:00 horas no Auditorio da Casa da Cultura Antonina Semedo pronunciará o pregón das festas. O domingo 29 ás 13:30 horas, na rúa do Hórreo, haberá unha actuación de Acordeonistas da Marinha. O martes 31 ás 20:00 horas no Auditorio da Casa da Cultura proxectarase o documental de Paco Salgueiro titulado Burela: referentes do lecer no século XX.
O día 1 de xuño ás 20:30 horas no Auditorio da Casa da Cultura terá lugar o Gran Karaoke Infantil e Xuvenil. O xoves 2 de xuño ás 21:00...
leer másAs festas patronais de Burela desenvolveranse do 3 ao 6 de xuño. A comisión organizadora comeza hoxe a pedir donativos polos negocios locais, segundo anunciou a concelleira de Festexos, Toñi Eijo.
A edil burelesa explicou que “a comisión de festas vai saír á rúa a pedir donativos polo comercio e pola hostalería para as festas de Burela, que serán os días 3, 4, 5 e 6 de xuño. Intentamos ter a colaboración máxima porque este ano non está a situación como cando fixéramos as últimas festas. Entón esperamos ter axuda tanto de comercio como de hostalería, pero tamén temos unha conta aberta en Abanca para que calquera particular que queira dar un donativo, aínda que sexan 2 euros, poida facelo; vennos todo xenial”.
Toñi Eijo dixo que “xa temos contratadas as orquestras, pero para o resto do programa contaremos co que se...
leer másA Concellaría de Cultura ven de presentar a programación coa que se rememorarán as festas da Patroa do 4 ao 8 de setembro. Os espectáculos serán para ver sentados e en recintos perimetrados. Haberá concertos, pasarrúas e actividades infantís. En Ribadeo estará o Mago Antón o día 6 e o 8, Día da Patroa, os Cocos e os Cabezudos bailarán nun espazo habilitado para eles. Haberá misa cantada pola Coral Polifónica ribadense. Esa xornada tamén ofrecerá o seu tradicional concerto da Patroa a Banda Municipal de Música de Ribadeo. Non serán unhas festas patronais como as anteriores á pandemia, pero o Concello quere contribuír “a que siga vivo o noso espírito festeiro”, segundo declarou a concelleira de Cultura, Pilar Otero.
A edil dixo que “non queríamos deixar pasar un ano máis sen celebrar dalgún xeito as patronais. Seguimos en tempos incertos que...
leer másBurela prepárase para vivir dun xeito diferente a fin de semana grande das súas festas patronais, marcadas neste 2021 pola situación sanitaria ocasionada polo covid.
Hoxe, venres, ás oito da tarde na praza da Mariña terá lugar o concerto do grupo de rock da Escola Municipal de Música de Burela. Mañá, 5 de xuño, desde as nova da mañá na praza do Concello desenvolverase a confección da alfombra floral. E haberá pasarrúas a cargo da Mekánika Rolling Band e da A.C.M. Dambara, un entre as 12 e as 15 horas e outro entre as 19 e as 21 horas. Xa ás nove da noite celebrarase misa solemne na igrexa parroquial de Santa María.
O domingo, 6 de xuño, a Banda de Santo Inocencio de Teixeira ofrecerá un pasarrúas por Burela. E ás 12 haberá de novo misa solemne na igrexa parroquial e á unha do mediodía interpretación da salve...
leer másEsta fin de semana haberá unha serie de actos en Burela para render unha homenaxe á xente do mar e ás veciñas e veciños do pobo despois de que foron suspendidas as festas patronais como consecuencia do Covid-19. O sábado haberá unha alfombra floral na praza do Concello, o domingo terá lugar unha misa e a baixada da Virxe ata o barco museo Reina del Carmen e o martes celebrarase a ofrenda floral aos náufragos. A presidenta da comisión de festas e concelleira Toñi Eijo agarda que non se produzan aglomeracións e que se manteña o distanciamento social.
Toñi Eijo contou que “imos facer unha alfombra, na praza do Concello, que farán dez persoas con EPIS, dedicada ao mar. Empezarán o sábado, ás nove e media, a facer a alfombra que terá dez metros de largo por cinco de ancho. A ver se o tempo nos permite deixala exposta do sábado para o domingo. O...
leer másO Concello de Burela organizará varias actividades os días 6 e 7 de xuño ao non poder celebrar as festas patronais debido ao Covid-19. O sábado haberá pasarrúas de cinco a oito da tarde a cargo de Dambara e as súas agrupacións de gaiteiros. O domingo a Banda de Santo Inocencio interpretará a Salve Mariñeira a carón do barco museo Reina del Carmen. Esa actuación gravarase e colgarase nas redes sociais. E finalmente o martes, 9 de xuño, terá lugar a ofrenda floral aos falecidos no mar.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, dixo que “dada a situación que todos coñecemos respecto ao virus que nos cambiou os plans de todo tipo, incluídas as festas, en Burela se suspenderon como en todos os sitios. Ademais eran as primeiras do verán, entón eramos os primeiro que tíñamos que tomar decisións. Non sei si en agosto ou en setembro ao mellor se poden...
leer másDesde a organización explican que "tras un consenso dos comisionistas decídese cancelar as Festas do San Xoán de Covas, ten en conta a grave crise sanitaria e socio-económica que estamos a vivir. Para garantir unhas festas nunhas condicións axeitadas, vemos oportuno aprazalas cunha nova reorganización, nun principio para a fin de semana do 12 de setembro, na honra á nosa Señora dos Remedios, sempre e cando as condicións socio-sanitarias para daquela nolo permitan".
Covas aprazará deste xeito as festas patronais que debían comezar na cuarta semana de xuño ao mes de setembro. Esta decisión debateuse cos principais responsables nunha reunión por vídeo conferencia.
A organización agarda que “nos próximos meses a situación cambie e en setembro nos poidamos reunir para festexar San Xoán e Nosa Señora dos Remedios....
leer másAs festas patronais de Burela terán lugar do 5 ao 8 de xuño e a comisión organizada comeza estes días a recoller os donativos para sufragalas. Da comisión forman parte catro persoas: os concelleiros Toñi Eijo e José Díaz, xunto a Belén Ramudo e Paco González. Con eles colaboran persoas a título individual e tamén a asociación de palilleiras.
José Díaz dixo esta mañá: “queremos anunciar que la comisión de fiestas de Burela va a empezar a trabajar para preparar los festejos de este año. Son menos componentes que otros años porque cada vez es más complicado conseguir que gente voluntaria eche un cable para todo lo que supone organizar las fiestas patronales. De hecho solo quedamos 4 en la comisión y lo que hicimos fue hablar con asociaciones, como la de palilleiras, que van a ayudar en el proceso de pedir donativos para las fiestas y toda la...
leer más- « primero
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- siguiente ›
- última »