musica

Etiquetas:
19/01/2022

Esta mañá inaugurouse en Ribadeo a mostra “A memoria do son”, con fondos instrumentais e do arquivo documental do Centro de Artesanía e Deseño (Centrad) da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. O deputado provincial, Efrén Castro, e os concelleiros de Cultura e Turismo, Pilar Otero e Pablo Vizoso, presentaron  a mostra que pode verse na Oficina de Turismo de Ribadeo ata o 20 de febreiro. 

A exposición, cun formato itinerante pensado para achegar as distintas localidades o patrimonio musical da Colección de Instrumentos e Obxectos Sonoros do Centrad, inclúe unha giga, unha rota, unha cítola, unha viola de perna, unha viola de brazo, unha zanfona e un organistro, construídos a partir de representacións escultóricas destes instrumentos en lugares emblemáticos como o Pórtico da Gloria ou o Pazo de Xelmírez ou dos datos recollidos en...

leer más
Etiquetas:
17/12/2021

A agrupación musical Dambara, de Burela, animará mañá, sábado, as rúas da vila dentro da programación de Nadal do Concello.

O concelleiro de Cultura, José Díaz, dixo que “queremos desde el Concello de Burela anunciar que mañana, 18 de diciembre, habrá un pasacalles desde la zona del Campón, desde un extremo de la Avenida Arcadio Pardiñas hasta el centro de Burela, a cargo de la agrupación musical Dambara. Ya otros años en Navidades suelen hacer este pasacalles y una vez más lo van a ofrecer”.

O edil salientou que “a mí me gustaría agradecer desde el Concello, desde la Delegación de Cultura también, toda la implicación de esta agrupación musical que ya tiene una historia en Burela y que se involucra siempre en todos los eventos para los que les pedimos ayuda. Sólo podemos estar agradecidos de tener una agrupación...

leer más
Etiquetas:
13/12/2021

O vindeiro mércores, 15 de decembro, terá lugar o tradicional concerto de Música en Familia da Escola Municipal de Música de Burela. Será a partires das 20 horas no auditorio da Casa da Cultura.

O director do centro, Xan Carballal, lembrou que “esta é unha cita que a nosa escola ven ofrecendo dende o seu inicio e que lamentablemente vímonos na obriga de interrompelo o ano pasado por mor da pandemia”. 

Carballal subliñou que “como é habitual, o concerto estará levado polas agrupacións de coro, banda, orquestra, grupo de rock, grupo de jazz e os alumnos e alumnas de música e movemento e formación básica”.

E engadiu: “en canto ao repertorio, presentaranse obras propias destas agrupacións de tódalas épocas e pasando por estilos coma o clásico ata a música popular”.

 

Etiquetas:
22/10/2021

El establecimiento hostelero Los Olivos Espicha, que está junto a la playa de Navia (Asturias), organiza un magosto para el día 30 de octubre, sábado.

El evento comenzará a las 18:00 horas y habrá castañas asadas, bollos preñaos, rapón, empanda de manzana, marrón glacé y sidra dulce.

El magosto estará amenizado con música tradicional y por Deejay Decibelios.

 

Etiquetas:
18/10/2021

A Praza do Concello de Barreiros, en San Cosme, acollerá un magosto popular este sábado, 23 de outubro, a partir das 20:00 horas.

Haberá castañas, chourizo e torrezmos, viño, cervexa e refrescos. E actuará o cuarteto de música tradicional Illa Pancha, de Ribadeo.

Este evento está organizado pola Asociación Cultural Irmandade Augas Santas coa colaboración do Concello de Barreiros e da Área de Cultura da Deputación de Lugo.

 

Etiquetas:
10/10/2021

O Concello de Cervo, a través da delegación de Cultura, presenta o programa “A Caixa de música”, un ciclo de concertos de música clásica e de bandas que terán lugar en diferentes puntos do Concello nos vindeiros meses.

Este programa terá a súa apertura este martes na Praza do Souto co concerto da Banda Municipal de Música O Landro de Viveiro ás 13:00H. 

A Caixa de música pretende ser un programa dirixido a toda a familia polo que os concertos serán en fins de semana ou festivos á hora do mediodía.

Segundo a Concelleira de Cultura Dolores García Caramés “é un xeito de complementar o diverso abano de oferta musical que durante todo o ano levamos a cabo no noso Concello e deste xeito tamén achegamos á nosa veciñanza estilos de música para todos os gustos”.

Engade...

leer más
Etiquetas:
08/10/2021

O Concello de Cervo, a través da delegación de Cultura, presentou o programa “O son do nordeste” que encherá a vila de música diversa de aquí a final do ano.

“O son do nordeste” será un ciclo de música que acollerá concertos de diversos estilos musicais en diferentes emprazamentos do Concello de Cervo durante as noites dos meses de outubro, novembro e decembro. 
 
Este ciclo musical inaugúranse o vindeiro luns, 11 de outubro, co concerto de The Show Bass ás 21:00H na Praza dos Campos de San Ciprián. O grupo compostelán tocará cancións con ritmos rocksteady, rythm & blues e soul xamaicano.

Segundo a Concelleira de Cultura, Dolores García Caramés, “trátase dunha continuación do extenso programa de concertos que vimos celebrando durante todo o verán e que tiveron unha grande acollida. Agardamos que...

leer más
26/09/2021

O colectivo Gaita Escola de Mondoñedo ofrece clases de música tradicional impartidas polo profesor Roberto Salas desde o 7 de outubro. Serán no local veciñal de Masma todos os xoves a partir das 19:30 horas.

Haberá aula infantil e de adultos para os seguintes instrumentos: gaita, percusión, pandeireta e canto, requinta, frauta traveseira, clarinete, guitarra e bodhram.

Os interesados poden contactar con Gaita Escola de Mondoñedo a través do teléfono 605.07.47.17 ou do correo gaitaescola@gmail.com.

 

Etiquetas:
02/09/2021

A Escola de Música de Lourenzá acaba de abrir o prazo de matrícula para o curso 2021-22. Os interesados en inscribirse deben dirixirse ás instalacións do centro, que están na Casa da Xuventude, ou a través do correo electrónico bandademusicadelourenza@gmail.com.

O director do centro, José Manuel López Sambad, explica que “empezou o ano pasado, tivo unha acollida moi boa e para este curso abrimos o prazo de matrícula onte, 1 de setembro, e xa levamos practicamente as mesmas que o ano pasado, incluso algunha máis. En canto ás especialidades que impartimos, de vento-madeira temos frauta traveseira, clarinete e saxofón; tamén impartimos gaita galega, que é de música tradicional pero está encadrada dentro de vento-madeira. Ademais temos todas as especialidades de vento-metal: trompeta,...

leer más
Etiquetas:
02/09/2021

A asociación musical A Chocolateira (Eco das minas) organiza diversas actividades para o 4 de setembro, sábado, na Praza dos Fornos, da Pontenova, desde as 19:00 horas.

Os actos comezarán cun pasarrúas a cargo do grupo de música tradicional A Chocolateira. Ás 20:00 horas haberá unha demostración e obradoiro de billarda con Troitas Bravas. Para media hora despois está programada a actividade Teatro Kamishibai de contos en galegos escritos e ilustrados por Rocío F. Paz. E rematará a xornada cun concerto de Comando Curuxás, que empezará ás 21:30 horas.