Monicreques
Vilanova de Lourenzá acollerá este venres, día 24, a exposición Kinético de Xirapaus.
O concelleiro de Cultura laurentino, Manuel Arango, anuncia que esta mostra estará pola mañá no CEIP Juan Rey e pola tarde na praza do Conde Santo, se as condicións meteorolóxicas o permiten.
Esta actividade está organizada polo Concello de Lourenzá en colaboración coa Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
Kinético é unha exposición na que se poden atopar personaxes musicais que, a partir de mecanismos, crean sons e ritmos, historias e contos, que nacen co movemento dunha manivela ou dun pedal. Son bonecos que se moven e andan sos, un teatrillo de monicreques automatizado, homenaxe do tradicional monicreque de cachiporra, efectos especiais recorrentes no teatro. A idea desta mostra é...
leer másPor primeira vez nas súas nove edicións, o Festival Atlántica recala no concello de Mondoñedo, a onde levará dous espectáculos dos galegos Celso F. Sanmartín e LarraitzUrruzola. Todas as funcións son gratuítas, pero para asistir cómpre reservar previamente no teléfono da Oficina Municipal de Turismo (982 507177). As actividades son posibles grazas á Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia e mais o Concello de Mondoñedo.
A primeira actividade será o xoves 1 de xullo, a partir das 21:30 horas, na Ponte do Pasatempo. Alí a voz de voz de Celso F. Sanmartíndebullará as historias que se agochan baixo o suxestivo título de ‘Cando viaxou unha lingua de lume nun carro de herba seca?’, un espectáculo dirixido ao público adulto. Serán 75 minutosna compaña duns dos narradores galegos máis recoñecidos, apaixonado da tradición oral e fervoroso...
leer más"The Show Moscón" é un circo de monicreques itinerante de "varietés", presentado por un moscón gordiño. Un circo marabilloso, representado por un armario que abre as súas portas para amosar os diferentes números que hai dentro. Dentro do noso armario, podemos gozar de verdadeiras divas da canción, absurdos números musicais, magos e mentalistas arrepiantes, sorprendentes bebés funambulistas, marabillosos números de danza e humor interminable...
“The Show Moscón” está destinado ao público infantil e familiar. A función dará comezo ás 18:30 horas na Casa da Cultura. O prezo da entrada será de 2,5 euros.
A compañía A Xanela do Maxín ofrecerá o sábado, 15 de febreiro, o seu espectáculo A Toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza no Auditorio Municipal de Burela.
Trátase dunha montaxe escénica e musical destinada ao público familiar que, ademais de conxugar música e teatro, tamén achega una nova maneira de descubrir este conto, premiado internacionalmente, que foi traducido a máis de 20 idiomas, publicado en 25 países e que se converteu nun éxito entre as crianzas dende a súa primeira edición no 1989. A función terá lugar na Casa da Cultura de Burela este sábado, día 15, ás seis da tarde.
A Toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza é unha obra que semella unha caixa de sorpresas, unha orixinal historia para gozar coa peripecia da Toupiña que unha mañá se atopou cunha caca na súa...
leer másEste sábado, 6 de xullo, celebrarase a 4ª Foliada O Valadouro 2019. A festa dará comezo ás 20:00 horas e e terá lugar no parque Concepción Arenal.
Actuarán os grupos de Grileiras da SCR Ledicia, AX Entre Lusco e Fusco e AC Amado Lar.
Dende ás 18:00 horas desenvolveranse obradoiros de construción de monicreques e haberá espectáculos de monicreques con Antolín e bailarín e Raio the Loubican, dentro do Programa de Promoción da Artesanía da Deputación de Lugo. Tamén haberá comida e bebida a prezos populares.
A partir das 00:00 horas continuará a festa cunha foliada libre.
A compañía A Xanela do Maxín ofrecerá o 23 de febreiro unha actuación do seu espectáculo O Murmurio do Mar no auditorio da Casa da Cultura a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Trátase dunha montaxe escénica e musical destinada ao público familiar que, ademais de conxugar música e teatro, tamén achega unha nova maneira de ver e escoitar o mar con monicreques, lendas e cancións. A función terá lugar no auditorio de Burela este sábado, 23 de febreiro, ás 18:00 horas. As entradas custan 2,5 euros e pódense adquirir na billeteira do propio auditorio o mesmo día da función a partir das 17:00 horas.
En O Murmurio do Mar, a través da música, monicreques e obxectos, “somérxenos nun universo tan real como lendario, un mundo mariñeiro do que sabemos algunhas cousas e descoñecemos moitas outras, porque o mar trae...
leer másA Delegación de Cultura do Concello de Foz organiza para mañá, sábado, unha función de teatro infantil na Casa da Cultura e outra representación do ciclo Teatro afeccionado nas parroquias, neste caso en Vilaronte.
Mañá ás 18:30 horas na Casa da Cultura de Foz terá lugar unha sesión de monicreques con Eme2 Emoción&arte, que presentará a obra Contacreques. É unha peza de creación propia con textos de Ricardo Combi baseados nos contos clásicos O Ruiseñor, Garavanciño e O Zapateiro e os trasnos. A duración é de 45 minutos e o prezo da entrada, 1,5 euros para o público infantil e 2,5 euros para os adultos.
Tamén mañá, sábado, no local da asociación cultural Os Castros de Vilaronte ás 19:00 horas, dentro do ciclo Teatro afeccionado nas parroquias, o grupo de teatro A Adala, de Fazouro, representará a obra Elixir de...
leer más
A Concellería de Cultura inicia a súa programación deste Nadal 2014, organizando para o vindeiro sábado, 13 de decembro, un espectáculo de monicreques para público infantil e familiar. A Compañía Trécola será a encargada de representar, a partir das 17:30 horas, no auditorio da Casa da Cultura de Burela, a obra Lolo e a Ratoa. A entrada será gratuíta ata completar aforo e a duración da actividade roldará os 50 minutos.
A Compañía Trécola é un dos grupos teatrais históricos galegos no ámbito dos espectáculos infantís e familiares. Comezou a súa andaina nos anos 80, partindo dunha formación inicial de actores que estudaban xuntos a mesma especialidade de monicreques no Instituto de Teatro de Barcelona. Actualmente, Trécola conta con máis de 35 montaxes, que foron estreadas nas últimas...
leer más