Mel
O Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, xunto ao Alcalde de Muras, Manuel Requeijo Arnejo, e o tenente de alcalde, Mario Rouco, presentaron este luns,na praza do Viveiró, a V Feira do Mel de Montañas de Muras.Este encontro gastronómico que terá lugar esta fin de semana no concello de Muras contará con postos de venta de mel,concursos de calidade, música, degustacións gratuítas, obradoiros para menores, artesanía e ata cunha excursión micolóxica. Tamén contará cunha xornada técnica e formativa dirixida a mellorar a profesionalización na apicultura e o control sanitario das explotacións apícolas. A Deputación colabora con este evento cunha achega de 4.000 euros para contribuír a poñer en valor os produtos autóctonos e tamén a desestacionalizar o turismo.
O Deputado de Participación Cidadá salientou que “colaborando con...
leer másO Concello de O Valadouro organiza a XXXII Feira do Mel e Mercado de Outono que se celebrará o vindeiro sábado,12 de outubro.
Ás 10:00 horas procederase á apertura da Feira. Ás 11:00 horas dará comezo un showcooking, que se prolongará ata ás 14:00 horas con demostración de receitas de cociña, e tamén de 11:00 a 12:00 horas haberá unha degustación de castañas asadas.
Ás 12:00 horas haberá pasacalles coa asociación Amado Lar O Valadouro e comezará a ruta de tapeo, xa que os locais hostaleiros da vila ofrecerán tapas elaboradas con produtos típicos de outono. Ás 14:00 horas celebrarase o sorteo dun lote de produtos doados polos postos da feira. Ás 15:30 horas terán lugar actividades infantís e ás 18:00 horas unha degustación de freixós con mel.
Ás 19:00 horas procederase á clausura da feira...
leer másO Voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, o Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde presentaron este martes a IV Feira do Mel de Montaña de Muras, que terá lugar os días 17 e 18 de novembro na praza de Viveiró, e coa que o Goberno da Deputación colabora cunha achega de 3.000 euros. Ao acto participaron o Alcalde de Muras, Manuel Requeijo, e o Tenente de Alcalde, Mario Rouco.
Santos Ramos destacou que “o Goberno da Deputación colabora activamente con estes eventos gastronómicos para promover e poñer en valor os produtos da provincia, ao tempo que contribuímos a dinamizar a economía local, xa que se conta cunha afluencia de máis de 3.000 persoas, o que da boa mostra da importancia desta cita para o Concello”.
Vidal Baamonde apuntou que “a través desta cita, ademais de impulsar un dos produtos máis...
leer másO Concello de O Valadouro organiza o vindeiro sábado, 13 de outubro, a XXXI edición da Feira do Mel.
O programa dará comezo ás 10:00 horas, coa a apertura dos postos de mel e artesanía. De 10:00 a 14:00 horas haberá un programa de promoción de artesanía cun obradoiro de instrumentos musicais. Ademais Ecoembes desenvolverá a campaña Separar con xeito.
Ás 14:00 horas terá lugar o sorteo de produtos e material apícola. Entre as 15:00 e as 19:00 horas haberá inchables, globoflexia e pintacaras. Ás 18:00 horas ofrecerase unha degustación de freixós con mel e ás 19:00 horas clausurarase a Feira. A animación musical da xornada correrá a cargo do grupo de música tradicional O Xogaral de Burela.
As actividades rematarán cunha conferencia sobre a velutina, titulada Apicultura, Ciencia e Control. Os...
leer másO Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, xunto ao Alcalde de Muras, Manuel Requeijo; e ao Tenente Alcalde, Mario Rouco, presentaron este venres, na praza do Viveiró, a III Feira do Mel da montaña de Muras. Trátase da cita gastronómica que terá lugar os días 18 e 19 de novembro no municipio de Muras. O Goberno da Deputación colabora coa Feira cunha achega económica de 3.000 euros. Esta colaboración está enmarcada dentro do Plan Estratéxico de Turismo para poñer en valor os produtos autóctonos e contribuír así a desestacionalizar o turismo.
Vidal Baamonde destacou que “dende o Executivo Provincial colaboramos con esta terceira edición da Feira do Mel, co obxectivo de potenciar e dar a coñecer este produto exquisito e de primeira calidade da nosa provincia, que se elabora no corazón da Serra do Xistral, ao tempo que dinamizamos a...
leer másEste sábado, 14 de outubro, celébrase a XXX edición da Feira do Mel en O Valadouro.
Ás 10:00 horas procederase á apertura dos postos de mel, artesanía e obradoiro de velas ubicados na rúa Andrés López Palmeiro. Ás 11:30 horas haberá pasarrúas coa actuación de A.C. Amado Lar e ás 13:00 h. degustación de freixós con mel. Ás 14:00 horas procederase a un sorteo entre os asistentes e posteriormente á clausura da feira.
O programa de actos rematará ás 20:30 horas coa representación teatral que terá lugar na Casa da Cultura de O Valadouro, e correrá a cargo de Teatreir@s de Monforte con O Avaro.
A feira está organizada pola delegación de Cultura do Concello de O Valadouro coa colaboración do CEIP Santa María do Valadouro e a asociación Amado Lar.