O Concello de O Valadouro organiza o vindeiro sábado, 13 de outubro, a XXXI edición da Feira do Mel.
O programa dará comezo ás 10:00 horas, coa a apertura dos postos de mel e artesanía. De 10:00 a 14:00 horas haberá un programa de promoción de artesanía cun obradoiro de instrumentos musicais. Ademais Ecoembes desenvolverá a campaña Separar con xeito.
Ás 14:00 horas terá lugar o sorteo de produtos e material apícola. Entre as 15:00 e as 19:00 horas haberá inchables, globoflexia e pintacaras. Ás 18:00 horas ofrecerase unha degustación de freixós con mel e ás 19:00 horas clausurarase a Feira. A animación musical da xornada correrá a cargo do grupo de música tradicional O Xogaral de Burela.
As actividades rematarán cunha conferencia sobre a velutina, titulada Apicultura, Ciencia e Control. Os poñentes serán: a apicultora Mari Fe Sixto; o investigador do Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela, Xesús Feás; e o xerente de SERPA, J. María Vázquez. Terá lugar, ás 20:00 horas, no salón de actos de Casa da Cultura.
Colaboran: Deputación de Lugo, CentrAD, CEIP Santa María do Valadouro e Ecoembes.