Este sábado, 14 de outubro, celébrase a XXX edición da Feira do Mel en O Valadouro.
Ás 10:00 horas procederase á apertura dos postos de mel, artesanía e obradoiro de velas ubicados na rúa Andrés López Palmeiro. Ás 11:30 horas haberá pasarrúas coa actuación de A.C. Amado Lar e ás 13:00 h. degustación de freixós con mel. Ás 14:00 horas procederase a un sorteo entre os asistentes e posteriormente á clausura da feira.
O programa de actos rematará ás 20:30 horas coa representación teatral que terá lugar na Casa da Cultura de O Valadouro, e correrá a cargo de Teatreir@s de Monforte con O Avaro.
A feira está organizada pola delegación de Cultura do Concello de O Valadouro coa colaboración do CEIP Santa María do Valadouro e a asociación Amado Lar.