Lourenzá

Etiquetas:
21/11/2022

O Concello de Lourenzá organiza desde mañá, martes, ata este sábado, día 26, varias actividades co lema Saca tarxeta vermella contra violencia de xénero. 

A alcaldesa, Rocío López, anuncia: “este ano queremos reservar toda a semana para visualizar e reivindicar esta lacra social que segue presente na nosa sociedade. A través de distintas actividades tentaremos concienciar á veciñanza da importancia que ten recoñecer esta realidade e do necesario que é loitar contra ela para así poder erradicala. A programación das actividades faise conxuntamente pola Concellería de Servizos Sociais, que dirixe Mercedes Dengra e a Concellería de Deportes, da que é responsable Sonia Gavino”.

A rexedora municipal engade que “o martes e o mércores no taller de memoria o alumnado lerá testemuñas de varias persoas que sufriron algún...

leer más
Etiquetas:
09/11/2022

O Concello de Lourenzá convoca o concurso de postais Nadal 2022, dirixido aos escolares de Infantil e Primaria do concello. O tema do concurso é O Nadal de Don Paco, en referencia ao escritor laurentino Francisco Fernández del Riego, ao que se lle dedicará o próximo Día das Letras Galegas.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, explica que “a técnica será libre e as obras deberán presentarse nunha cartolina A4. O prazo de entrega dos traballos remata o 16 de decembro. Establécese un primeiro premio, dotado con 75 euros e trofeo; e tres accésits, dotados con 25 euros e diploma. A postal gañadora será empregada polo Concello como felicitación de Nadal.  As bases completas serán repartidas no CEIP Juan Rey e tamén se poden consultar na Biblioteca Municipal”.

Desde a Concellería de Cultura agradecen de antemán a...

leer más
Etiquetas:
04/11/2022

A  Mariña en Ruta, iniciativa da Mancomunidade, seguirá este sábado, día 5, por Lourenzá. Os asistentes achegaranse á figura do Conde Santo e ao fenómeno medieval da peregrinación. 

Pola igrexa de Santa María, onde se atopa o sarcófago do Conde Santo, ata o Pazo de Tovar, símbolo do poder dos señores feudais galegos durante a Idade Media discorrerá este percorrido, que estará guiado por Lidia de la Fuente, e para o que queda algunha praza. Os participantes poderán afondar na orixe dos diferentes camiños de peregrinación, de antes e de hoxe, que rodean os campos de cultivo da exquisita faba de Lourenzá. 

O pasado sábado, 29 de outubro A Mariña en Ruta pasou por Burela, de asentamento castrexo a vila medieval, guiada por Lidia de la Fuente. Foi ruta peonil no centro urbano de Burela e á beira do mar, que lles...

leer más
Etiquetas:
26/10/2022

O vindeiro martes, 1 de novembro, ás 20:30 horas dará comezo no multiusos Ponte de Cuñas o IV Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, anuncia que “a obra que abrirá o concurso será A morte morrida, unha divertida comedia representada polo grupo de teatro O Centiño, de San Martiño (Foz). A entrada terá un prezo simbólico de 3 euros. A programación completa deste certame, que se desenvolverá ao longo do mes de novembro, pode verse nas páxinas oficiais do Concello, nos folletos distribuídos en comercios e bares da localidade, nun panel que estará instalado na Praza do Concello e tamén se repartirán folletos os días das representacións. Antes de cada función repartiranse entre o público asistente, de maneira aleatoria, unhas tarxetas para que dean o seu parecer sobre a obra a concurso e...

leer más
Etiquetas:
19/10/2022

Vilanova de Lourenzá acollerá este domingo, día 23, desde as 09:30 horas a segunda edición da Feira Exposición do Cabalo Galego, na que participarán exemplares procedentes das provincias de Lugo, A Coruña e Pontevedra. O evento foi presentado pola alcaldesa, Rocío López, e tres representantes da organización: Isabel Casariego, da Asociación de Criadores de Cabalo de Pura Raza Galega (PURAGA) e os laurentinos Diego Terrón e Zaira Braña.

A alcaldesa, Rocío López, explica que se organiza esta segunda edición do evento polo éxito que tivo a primeira, celebrada en outubro do ano pasado, e destaca que se prevé que este domingo a participación de exemplares e a presenza de público aínda sexa maior. 

Diego Terrón, que ten exemplares de cabalos galegos, resaltou que “é unha feira dedicada ao cabalo de pura raza galega e ao...

leer más
Etiquetas:
17/10/2022

Lourenzá acollerá o vindeiro domingo 23 de outubro a segunda edición da Feira Exposición do Cabalo Galego, organizada pola Asociación de Criadores de Pura Raza Galega (Puraga) coa colaboración de Medio Rural da Deputación de Lugo.

Durante a xornada, no recinto feiral laurentino, celebraranse diferentes probas e certames morfolóxicos e de andadura, entre elas, as finais do Campionato Galego Morfolóxico Oficial  de Pura Raza Galega de sementais e eguas, e tamén as probas finais do Campionato Galego de  Andadura de Cabalo Marchador Galego,  nas modalidades serrada e chapeada. O prazo de inscrición para participar nas probas permanecerá aberto ata o vindeiro 20 de outubro.

A feira inscríbese no traballo de conservación e promoción do cabalo de pura raza galega que desenvolve Puraga desde a súa creacion, e incide...

leer más
10/10/2022

O Concello de Lourenzá dá a coñecer os nove grupos que participarán no IV Certame de Teatro Afeccionado, que se celebrará no mes de novembro no novo local multiusos Ponte de Cuñas.

As obras e grupos seleccionados son:
A morte morrida, de O Centiño, de San Martiño de Foz
A liorta, de Avelaíña Teatro, de Pontevedra
Pepa Loba, de Teatro Coles, de Coles (Ourense)
Fatum, de Catre Teatro, de As Pontes (A Coruña)
Sainetes, de Quemaistén, de As Pontes (A Coruña)
Eres único, da Asociación Saúde Mental A Mariña, de Cervo
E se todo se reducise ao amor, de Os Palimoquiños, de Lugo
Vivan os noivos, de Adala Teatro, de Fazouro (Foz)
O documento, de Ollomao, de Barreiros

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, anuncia que o 17 de decembro terá lugar a gala de entrega de...

leer más
Etiquetas:
29/09/2022

Mañá, venres, comezan as actividades da trixésima edición da Festa da Faba de Lourenzá, declarada de Interese Turístico Galego. Os actos desenvolveranse ata o domingo, 2 de outubro.

A alcaldesa, Rocío López, anuncia que “os actos arrancan o venres ás 19:30 horas cun espectáculo de maxia de Cayetano Lledó no Claustro do Mosteiro. A continuación terá lugar a tradicional cata de viños, este ano a cargo da adega Fanrelo, da Denominación de Orixe Monterrei; e para acompañar haberá unha degustación de tapas con fabas preparadas pola Asociación Provincial de Cociñeiros de Lugo. O toque musical virá da man do grupo Diavolinos”.

A rexedora engade que “o sábado a tarde haberá unha actuación do grupo de música tradicional Osorio Gutiérrez, seguido dun concerto do grupo Airiños da Freba. A orquestra Principal será a encargada...

leer más
Etiquetas:
27/09/2022
O pasado mércores, día 21, tivo lugar na Casa do Concello de Lourenzá unha reunión da Mesa Coordinadora Don Paco. Este grupo de traballo ten como obxectivo principal coordinar, canalizar e promover todos os actos e actividades que dende Lourenzá se fagan para homenaxear a figura de Francisco Fernández del Riego, Fillo Predilecto do Concello, a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas o próximo ano 2023. A súa finalidade é ser a entidade de referencia na promoción dos actos que dende Lourenzá se organicen.
 
A Mesa Coordinadora Don Paco está integrada por:
- Rocío López García, alcaldesa do concello de Lourenzá. Presidenta.
- Manuel Román Ramos, biógrafo de Francisco Fernández del Riego. Secretario.
- Manuel...
leer más
Etiquetas:
21/09/2022

Este sábado, día 24, comeza unha nova edición da Ruta da Faba de Lourenzá, iniciativa que acaba de ser premiada polo Consello Provincial de Turismo. Os interesados en facer este percorrido turístico e gastronómico este sábado poden inscribirse ata o venres.

A técnica de Turismo do Concello de Lourenzá, Justa Rodríguez, explica que “agora que está saíndo a faba fresca facemos esta primeira ruta da tempada, que continuará con outras en outubro e novembro, en datas que concretaremos en breve. O percorrido, que será en autobús, empezará ás 10 da mañá en Vilanova de Lourenzá e rematará ás seis da tarde. E as prazas son limitadas a 20 persoas”.

A ruta inclúe visitas guiadas ao mosteiro e á igrexa de San Salvador, ao Museo de Arte Sacro, ao Centro de Interpretación da Faba e ao Pazo de Tovar, así como paseos pola área...

leer más