Fútbol

Etiquetas:
18/03/2015
Foz acollerá a IV Copa Deputación de Fútbol Base nas categorías xuvenil e cadete. Será os días 31 de marzo e 1 e 2 de abril.
 
O vicepresidente da Deputación de Lugo e responsable das áreas de Benestar Social e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, presentou esta mañá en Monforte, xunto á concelleira Pilar López e a representantes do Calasancio, E.F. Monforte e Sarria C.F. a IV Copa Deputación de Fútbol Base, que se disputará do 31 de marzo ao 5 de abril, coincidindo, como ven sendo habitual nas anteriores edicións, coa Semana Santa. 
A competición comezará os días 31 de marzo e 1 e 2 de abril en Foz, no Campo Municipal, onde competirán as categorías xuvenil e cadete; continuará o 3 de abril en Monforte, nos campos Luís Bodegas e Escolapios, onde xogarán alevíns, benxamíns e prebenxamíns; para rematar os días 5 e 6 de abril en Sarria, no campo da Ribela, onde se disputarán os encontros da...
leer más
Etiquetas:
17/03/2015
Foz será escenario a partires do vindeiro mes de abril dun curso de formación de monitor de fútbol base.
 
Esta mañá tivo lugar a presentación do curso de formación de monitor de fútbol base, que terá lugar en Foz desde o vindeiro mes de abril. No acto participaron José Antonio Rodríguez, coordinador do CD Foz; Manuel Mosquera, director da Escuela Gallega de Entrenadores; e Javier Castiñeira, alcalde de Foz. 
Rodríguez sinalou que “se trata dun curso de formación de monitor de fútbol base. A partir da temporada 2015/2016 será obrigatoria esta titulación para adestrar ás categorías inferiores do fútbol base. Dado que o CD Foz destaca pola formación da base entendemos que era necesario que se realizase un curso, aquí na nosa localidade. Solicitámolo á Escola Galega de Adestradores e foinos concedido. Queremos agradecerlles que fixeran súa esta necesidade nosa e ao mesmo tempo...
leer más
Etiquetas:
20/02/2015
As categorías de fútbol base de Cervo protagonizarán a apertura do campo de fútbol da Veiga este domingo, 22 de febreiro, tras a súa remodelación.
 
O campo de fútbol municipal da Veiga abrirá de novo as súas portas este domingo despois das obras de remodelación que promoveu e financiou o Concello de Cervo. Unha instalación que entrará en funcionamento “con fútbol de base”, asegura o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, que explica que os primeiros en competir nel serán os xuvenís do CD San Ciprián, nun partido de portas abertas.
Un encontro que, por ese motivo, será simbólico xa que “marcará o comezo dunha nova etapa deportiva no noso concello, cunha instalación que mellorará a forma de adestrar e xogar”, asegura o rexedor. Así, o Concello decidiu convidar a este primeiro partido (11:00 h.) ás xuntas directivas dos catro equipos de fútbol do municipio así como aos equipos de todas as categorías de fútbol base para que...
leer más