Fútbol Sala
Ata o 30 de agosto todos os pequenos/as amantes do balón poderán reservar a súa praza na escola do Pescados Rubén Burela FS para o curso 2017-18, nas categorías de Iniciación, Miniprebenxamín, Prebenxamín, Benxamín, Alevín e Infantil.
A formalización da matrícula debe tramitarse nas oficinas do club (Avda. Arcadio Pardiñas, nº 91, baixo). Tamén se poderá descargar o formulario dende www.burelafs.org e envialo ao correo electrónico escuelasdeportivas@burelafs.org ou ao fax 982575147.
Un ano máis, as familias que matriculen máis dunha nena ou neno terán un 20% de desconto, a partir da segunda matrícula. A tramitación deberá ir acompañada de tres fotos tamaño carné e tres fotocopias do DNI do neno/a. Pasaranse dúas cotas, en...
leer másA asociación cultural O Pasatempo organiza por noveno ano consecutivo o torneo de fútbol-sala O Pasatempo en Mondoñedo, os días 16, 17 e 18 de xuño.
No torneo participan equipos galegos, asturianos e leoneses que contan con xogadores de Primeira, Segunda, Segunda B e Terceira División do fútbol sala nacional.
Os premios son: 1.800 euros e trofeo para o primeiro clasificado, 750€ e trofeo para o segundo, 250 euros e trofeo para o terceiro e o cuarto, 150€ e trofeo para o mellor equipo local, e o último clasificado recibirá unha tarta de Mondoñedo. Ademais haberá trofeos para o mellor xogador, máximo goleador e mellor porteiro, e premio para o MVP da final elixido polo público asistente. Tamén haberá un trofeo para a persoa do público que máis horas bote no pavillón.
A inscrición é de 120€...
leer másLa sexta edición del Memorial Heroes do Orzán regresa a la agenda estival repitiendo doble sede, en A Coruña y A Mariña, y con muchas novedades, en fechas y categorías.
El Torneo de Fútbol Sala Base en honor de los policías Rodrigo Maseda Lozano, Javier López López y José Antonio Villamor Vázquez’ arrancará en la ciudad herculina, con competición entre el 15 y el 18 de junio. En la segunda edición en A Coruña, el Memorial volverá a apostar por el deporte femenino, con las categorías Infantil y Cadete, y con el debut de prebenjamín, benjamín, alevín y Special Olympics.
La tradicional sede de A Mariña acogerá las categorías entre prebenjamín y juvenil, con torneo entre el 28 de junio y el 2 de julio, en Burela, Foz, Cervo, Xove y Viveiro.
Inscripción abierta
El...
leer másO próximo día 1 de maio a ACD.XOVE, organiza e patrocina, xunto co Concello de Xove e o Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, a fase final do Campionato Provincial de Fútbol Sala Infatil.
Os catro mellores equipos da provincia, xogaran pola mañá as semifinais, e pola tarde o terceiro e cuarto posto e a final.
Antes de empezar a sesión de tarde, xogarase un partido de exhibición entre os Prebenxamins da Escola de Fútbol Sala da ACD.XOVE.
Todos os afeccionados/as que queiran asistir á gran final da XXVI Copa Galicia, o luns 1 de maio en Pontevedra poderán facelo a través da viaxe organizada polo Pescados Rubén Burela FS.
O equipo masculino loitará polo título irmandiño fronte ao Santiago Futsal ás 18.45 horas. O pavillón municipal dos Deportes de Pontevedra acollerá a final feminina, entre Poio Pescamar FSF e Ourense Envialia FSF, ás 17.00 horas. O club poñerá a disposición dos todos os interesados/as o desprazamento en autobús e entradas para os dous partidos, de forma totalmente gratuíta para os socios e por 15€ para non socios; a viaxe realizarase cun mínimo de 50 afeccionados/as.
As persoas que así o desexen deberán apuntarse na oficina do club (avda. Arcadio Pardiñas 91, baixo).
Horarios:
Saída: Luns 1 de...
O Pescados Rubén Burela FS iniciou onte a Xira Laranxa 2017 ‘Descubre o Fútbol Sala’ polo centros de ensino da Mariña no CEIP Pedro Caselles Rollán de Xove, co fin de promover a práctica deportiva en igualdade do fútbol sala entre a xuventude de dentro e fóra da bisbarra.
Representado por Lara Balseiro e José Carlos, xunto ao técnico de Primeira LNFS Tomás de Dios e o preparador físico Alfonso Mera, o club burelista deu a coñecer algunhas das súa singularidades a través dunha proxección audiovisual e compartiu experiencias e pista co alumnado de 5º Primaria.
A Xira Laranxa 2017, que se prolongará ata finais de maio, tamén terá paradas en Ribadeo, Muras, Foz, O Vicedo, Mondoñedo, Covas e Burela.
O Torneo Triangular de Semana Santa de Fútbol Sala Base da Fundación Imdecum volverá este ano á axenda deportiva coa súa cuarta edición, reunindo o Xoves Santo, en Vista Alegre (Burela), ás categorías prebenxamín, benxamín e alevín dos Meigallos Sarria, ACD Xove e Pescados Rubén Burela FS.
A cita inaugurarase ás 10.00 horas cun enfrontamento alevín entre xovenses e burelaos e despedirase ás 20.00 horas co compromiso prebenxamín entre Os Meigallos e Xove. A entrega de trofeos porá o broche final ás 20.50 horas.
O Praias de Barreiros enfróntase o 4 de marzo ao Stellae FS. Será no pavillón municipal barreirense.
O conxunto barreirense luce una nova cara dende principios de 2017. Dende a chegada de Juan Antonio Fernández ó banco do Praias a dinámica de resultados deu un xiro de 180 grados. Unha derrota, un empate e catro triunfos consecutivos son a bagaxe máis recente do cadro mariñán. Trala derrota como local ante o Arzúa (2-4) o Praias comezou a escalada grazas a un empate no Municipal (1-1) ante o todopoderoso Culleredo, un resultado co que gañaron en confianza e no que sentaron as bases das sucesivas victorias ante o Alameda Xarío (4-1), o Castroverde (4-5), o Vila de Cee (4-2) e a última na complicada pista do Begonte (5-7). Trece puntos acadados nos últimos cinco encontros que supuxeron un ascenso importante na táboa clasificatoria, o Praias de Barreiros ocupa arestora a novena posición da Liga Autonómica Galega Norte con 25 puntos.
Un bo...
leer más