Ata o 30 de agosto está aberto o prazo de matrícula na escola do Pescados Rubén Burela FS para o curso 2017-18.

Ata o 30 de agosto todos os pequenos/as amantes do balón poderán reservar a súa praza na escola do Pescados Rubén Burela FS para o curso 2017-18, nas categorías de Iniciación, Miniprebenxamín, Prebenxamín, Benxamín, Alevín e Infantil.

A formalización da matrícula debe tramitarse nas oficinas do club (Avda. Arcadio Pardiñas, nº 91, baixo). Tamén se poderá descargar o formulario dende www.burelafs.org e envialo ao correo electrónico escuelasdeportivas@burelafs.org ou ao fax 982575147.

Un ano máis, as familias que matriculen máis dunha nena ou neno terán un 20% de desconto, a partir da segunda matrícula. A tramitación deberá ir acompañada de tres fotos tamaño carné e tres fotocopias do DNI do neno/a. Pasaranse dúas cotas, en novembro e febreiro, coas seguintes tarifas:

Iniciación-Miniprebenxamín-Prebenxamín

Socio do club: Matrícula 20 euros + 2 cotas de 50 euros (Total: 120 euros)

Non socio: Matrícula 50 euros + 2 cotas de 50 euros (Total: 150 euros)

Benxamín-Alevín-Infantil

Socio do club: Matrícula 35 euros + 2 cotas de 50 euros (Total: 135 euros)

Non socio: Matrícula 50 euros + 2 cotas de 75 euros (Total: 200 euros)

Cada alumno/a deberá acudir directamente a Living Sport (rúa Trapero Pardo, 14, Foz), sponsor oficial do club, para escoller o seu pack deportivo:

Opción 1 (150 €): Chándal, sudadeira, bermuda e camiseta de paseo, mochila, térmica, pantalón longo de adestramento e roupa de adestramento (dúas camisetas e un pantalón curto).

Opción 2 (130 €): Chándal, sudadeira, bermuda e camiseta de paseo, mochila e roupa de adestramento (dúas camisetas e un pantalón curto).

As persoas interesadas poden recibir máis información nas oficinas do club ou a través do número de teléfono 982 581 815.

Horario de atención ao público

De luns a xoves: 10.00-14.00 horas

Venres: 10.00-15.00 horas