Escaparates

Etiquetas:
02/12/2016
O CCA de Foz convoca unha nova edición do Concurso de Escaparates e sorteará 1.000 euros en vales de compra o 27 de decembro, dentro das actividades organizadas este Nadal.
 
Os nenos e as nenas de Foz están de noraboa. Os que fagan as súas compras no comercio asociado ao Centro Comercial Aberto ata o 12 de decembro poderán recoller unha carta para enviarlles aos Reis Magos. Na misiva terán que poñer o seu nome, idade e colexio no que estudan, deberán dicir cal é a materia que máis lles gusta e tamén a que menos, en qué teñen que mellorar e qué tres cousas lles gustaría recibir o día de Reis. Unha vez que teñan a carta lista teñen que volver ao establecemento a depositala antes do día 13 e despois as súas maxestades de Oriente contestarán a todas as cartas enviadas polos rapaces e rapazas de Foz. 
 
Esta novidosa iniciativa enmárcase dentro das actividades programadas polo Centro Comercial Aberto focense para este Nadal. Durante as vindeiras semanas terá lugar...
leer más
Etiquetas:
14/09/2016
En Xove terá lugar do 27 de setembro ao 27 de outubro un curso de escaparatismo en galego. Está organizado pola Aciam e polo Concello.
 
O Concello de Xove en colaboración con ACIAM XOVE e a Xunta de Galicia, realizará un Obradoiro de Escaparatismo en galego, que será impartido por Jesús Atadell (xerente de El Chipe) 
 
Terá lugar os martes e xoves, desde o 27 de setembro ao 27 de outubro, en horario de 21:00 ás 23:00 horas, cunha duración de 20 horas.
 
O obradoiro vai dirixido aos asociados e personal dos establecementos da ACIAM, con un número limitado de 15 prazas.
 
Etiquetas:
27/04/2016
Ginzo Hombre-Mujer expón ata o 15 de maio nos seus escaparates en Foz cadros de Pepe Blanco e de Cristina Basanta. A iniciativa forma parte da Semana de Arte da Mariña.
 
Ata o 15 de maio focenses e visitantes poden observar e gozar coa exposición Arte nos escaparates, actividade que se enmarca na programación da Semana da Arte na Mariña. Obras de varios autores son expostas durante un mes nos escaparates de varios establecementos comerciais. 
 
En Ginzo Hombre os cadros expostos son de Pepe Blanco: “o que fixemos foi aportar e integrar o colorido da roupa de primavera coa obra deste autor. Así podemos observar e deleitarnos coa fusión de arte e moda”, explica José Ginzo. 
 
En Ginzo Muller atópase parte da obra de Cristina Basanta. 
 
José...
leer más
11/02/2015
Dieciséis establecimientos participan en el concurso de escaparates convocado por Acisa en San Valentín. Las votaciones siguen abiertas hasta el sábado.
 
Dieciséis establecimientos participan en el concurso de escaparates convocado por Acisa en San Valentín. Hasta el 14 de febrero estarán abiertas las votaciones en la página de facebook de Acisa. El local que reúna más apoyos será el ganador. 
Además las personas que realicen sus compras en cualquiera de los 16 establecimientos participantes recibirán un boleto para rellenar con sus datos, que deberán introducir en la urna que encontrarán en el local. 
El próximo sábado, 14 de febrero, a las 14 horas se dará a conocer el nombre del establecimiento ganador y la directiva de Acisa se desplazará hasta el lugar para comunicárselo en persona y para proceder, con la ayuda de una mano inocente, a extraer la papeleta ganadora, entre todas las...
leer más