Deputación

07/04/2015
A Quenlla presenta este sábado, 11 de abril, en Mondoñedo o libro-cd "Desorballando outonos", que serve para homenaxear á figura de Xosé Mª Díaz Castro.
 
O responsable de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro participou esta mañá na presentación dos tres concertos de A Quenlla que servirán para dar a coñecer o libro-CD ‘Desorballando Outonos’, nun acto no que tamén estiveron presentes o coordinador da Asociación Xermolos de Guitiriz, Alfonso Blanco Torrado; Xulio Xiz; e os integrantes de A Quenlla, Xosé Luís Rivas, Mini e Baldomero Iglesias, Mero. 
Mario Outeiro explicou que “despois dun ano dedicado a Xosé María Díaz Castro, como foi o 2014, no que se fixeron ducias e ducias de actividades desde a Área de Cultura da Deputación de Lugo, en colaboración con distintos colectivos como Xermolos e ou o propio instituto que leva o nome do poeta lucense, non deixamos de seguir organizando...
leer más
24/03/2015
Ribadeo e Lugo acollerán esta fin de semana a II Copa Deputación de Baloncesto de Base. O 28 de marzo vintecinco conxuntos competirán na vila ribadense.
 
O vicepresidente e responsábel de Benestar e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, presentou esta tarde no novo pavillón polideportivo de Ribadeo, xunto ao concelleiro de Deportes da localidade, o tamén nacionalista Vicente Castro, e a representantes e xogadores do club anfitrión, o Hotel Bouza Ría de Ribadeo, a segunda edición da Copa de Baloncesto de Base, que se disputará a próxima fin de semana na vila ribadense e na capital da provincia. O sábado 28 de marzo será a quenda para as categorías de premini e minibasket en Ribadeo, onde se darán cita 25 equipos, mentres que o domingo, día 29, no Pazo Provincial dos Deportes e no seu Anexo reuniranse 20 equipos, que loitarán polo título nas categorías de infantil e cadete. 
Polo tanto, un total de 45 equipos, pertencentes...
leer más
Etiquetas:
18/03/2015
Foz acollerá a IV Copa Deputación de Fútbol Base nas categorías xuvenil e cadete. Será os días 31 de marzo e 1 e 2 de abril.
 
O vicepresidente da Deputación de Lugo e responsable das áreas de Benestar Social e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, presentou esta mañá en Monforte, xunto á concelleira Pilar López e a representantes do Calasancio, E.F. Monforte e Sarria C.F. a IV Copa Deputación de Fútbol Base, que se disputará do 31 de marzo ao 5 de abril, coincidindo, como ven sendo habitual nas anteriores edicións, coa Semana Santa. 
A competición comezará os días 31 de marzo e 1 e 2 de abril en Foz, no Campo Municipal, onde competirán as categorías xuvenil e cadete; continuará o 3 de abril en Monforte, nos campos Luís Bodegas e Escolapios, onde xogarán alevíns, benxamíns e prebenxamíns; para rematar os días 5 e 6 de abril en Sarria, no campo da Ribela, onde se disputarán os encontros da...
leer más