Cultura
O Concello de O Valadouro organiza o programa Cultura na Rúa, que se desenvolverá durante o mes de agosto na praza a partires das 21:00 horas.
A axenda dará comezo o sábado, 1 de agosto, coas actuacións de Charo Pita e a Familia Papaventos e Paco Cerdeiras Pakolas.
O día 8 haberá o espectáculo de maxia Nicomaxias e a proxección da película Shazam.
O sábado 22 ofrecerán un concerto Acordeonistas da Mariña e proxectarase a película Padre no hay más que uno.
Ademais haberá dúas sesións de autocine, que terán lugar no aparcadoiro municipal ás 22:30 horas, o día 15 coa proxección de Grease e o día 29 con O que arde.
Todas as actividades cumprirán coas medidas e recomendacións de seguridade e saúde establecidas por mor da pandemia Covid-19....
leer másA asociación Tá en Artes comunica aos centros educativos, artistas, Concellos de Cervo e Foz, medios de comunicación e aos veciños e veciñas da Mariña lucense que suspende a programación prevista para este ano, no que tiña previsto homenaxear a Quique Guerra.
O colectivo sinala que “dadas as circunstancias especiais que vivimos de incertidume, queremos trasladar toda a programación para o 2021, respectando as datas se a situación sanitaria así o permitise. Non está no ánimo da nosa asociación realizar as actividades de homenaxe á arte e aos e ás artistas, ademais de traballar en educación artística, sen o espazo temporal que todos e todas esperan desta organización. Facer as cousas en tempo e forma para acadar o máximo nivel posible é un obxectivo que perseguimos como colectivo”.
Tá en Artes agradece a todos e...
leer más