Camiño
O concello de Lourenzá acollerá do 4 ao 6 de setembro a exposición O Camiño por Mar que organiza a Asociación do Patrimonio Industrial de Galicia, Buxa. Trátase dunha mostra itinerante sobre a peregrinanción en bote de Dublín a Santiago feita por catro amigos irlandeses no ano 2014. O proxecto forma parte do programa O teu Xacobeo, impulsado pola Xunta de Galicia.
Co fin de difundir e poñer en valor o Camiño por Mar, Buxa organiza esta exposición dirixida a todos os públicos que poderá visitarse na Sala de Exposicións do concello entre as 17.00 e as 20.00 horas. A través de grandes láminas con textos e ilustracións, descríbese a historia da peregrinación en bote desde Dublín así como do tráxico final que aconteceu na desembocadura do río Miño ademáis de contemplar algúns dos aspectos máis salientables das relacións entre Galicia e Irlanda...
leer másEste mércores, día 17, chegará a Burela a IV Travesía Navega el Camino. Máis de 30 embarcacións atracarán no porto cunhas 140 persoas a bordo, que están a facer o Camiño de Santiago por mar. A expedición saíu o pasado día 5 de xullo de La Rochelle, en Francia, e chegará a Compostela o 27 deste mes.
Os participantes na Travesía desenvolverán diversas actividades na comarca, que están financiadas polo GALP A Mariña-Ortegal. O día 17 terá lugar un Showcooking ás nove da noite na praza de abastos de Burela, a carón do porto. O bonito será o protagonista desta cita, co que se elaborarán varias preparacións.
O xoves, 18 de xullo, os navegantes levarán a cabo visitas guiadas ao mirador do Monte Castelo e á fábrica de cerámica de Sargadelos e á súa contorna. Iso será pola mañá e pola tarde achegaranse ata a nave de...
leer másCo obxectivo posto no Xacobeo 2021 o Concello de Cervo, conxuntamente coas distintas asociacións do municipio, quere impulsar e poñer en valor o tramo que discorre polo termo municipal e que forma parte do coñecido como Camiño do Mar, a través do programa que foi bautizado como Cervo no Camiño.
A primeira actuación que se vai levar a cabo para darlle difusión a esta ruta será o vindeiro domingo, 19 de maio, cando se realizará unha camiñada para percorrer este tramo do Camiño ao seu paso polo municipio.
A segunda actuación será realizar distintos tramos do Camiño de Santiago desde Pedrafita ata Santiago. Xa están concretadas algunhas das datas que aquí vos avanzamos.
AS ETAPAS DO PROGRAMA CERVO NO CAMIÑO
ETAPA 0: SARGADELOS - SAN CIPRIÁN (19-05, 7km)
ETAPA 1: O CEBREIRO- TRIACASTELA (02-06, 21,...
leer másO Concello de Ribadeo organiza un ciclo de charlas, que se desenvolverán os días 2 e 4 de abril na localidade e que terán como protagonista ao Camiño de Santiago como dinamizador da economía local. Está destinado a todas as empresas existentes que ofrecen servizos aos peregrinos ou aquelas persoas interesadas na apertura de novos negocios en torno ao Camiño Norte e aos seus camiñantes. A concelleira de Comercio e Turismo, Ana Martínez, fai unha chamada á asistencia a estas charlas que terán lugar na Casa do Mar, a partires das 17:30 horas.
A edil salientou que “Ribadeo é unha das portas principais de entrada do Camiño a Galicia. Inicialmente esta entrada facíase a través da ría nas barquerías que trasladaban aos peregrinos de Asturias a Galicia e nos últimos tempos isto se fai a través da Ponte dos Santos. Nos últimos anos foi aumentando...
leer másO Concello de Mondoñedo, a través da delegación de Turismo, da inicio a unha campaña para a súa promoción e posicionamentocomo fin de etapa do Camiño Norte de Santiago entre 346 asociacións do Camiño de distintos países do mundo.
Esta iniciativa do Goberno local permitirá achegar información sobre os puntos de interese e os recursos dispoñibles para os peregrinos a través de correos electrónicos a todas as asociacións do Camiño de países coma Portugal, Francia, Italia, República Checa, Austria, Polonia, Lituania ou aos Estados Unidos que se recollen no directorio do Plan Xacobeo:http://www.caminodesantiago.gal/es/descubre/asociaciones-del-camino/dire....
A rexedora local, Elena Candia, indica que “a campaña...
leer másUn total de 42 persoas realizaron a primeira etapa do Camiño Francés ao seu paso pola provincia de Lugo, entre O Cebreiro e Triacastela o pasado domingo. A peregrinación en 9 etapas ata Santiago de Compostela, a través desta ruta, foi organizada polo Concello de Barreiros.
O concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, contou que “nada máis chegar ao Cebreiro atopámonos con todo nevado e seguiu a nevar. Foi unha etapa esixente, porque houbo de todo: neve, saraiba, xistra e tronos. Pero todos o levaron moi ben e a camiñar cun sorriso na cara”. O edil barreirense dixo que “o compañeirismo estivo presente, e fomos axudándonos uns a outros, porque contamos con varias persoas novas que se incorporaron a estas andainas, que hai tempo vimos organizando desde o Concello. Estou moi satisfeito e orgulloso do comportamento dos...
leer más