Burela
16/08/2016
A Asociación Pasada das Cabras de Burela vai facer o vindeiro sábado, 20 de agosto, a 8ª Etapa do Camiño Norte de Santiago, dende Miraz a Roxica, de 14 quilómetros.
A saída será ás 8 da mañá da Estación de Autobuses de Burela.
O prezo será de 12 € para os socios e de 15 € para os que non o son. Inclúe autobús máis seguro. Hai que levar comida.
Para poder participar é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono: 982 580 504 antes do venres 19 de agosto ás 15:00 horas.
11/08/2016
O vindeiro 21 de agosto terá lugar na praza da Mariña unha nova edición do rastrillo popular de segunda man, que organiza a Concellería de Cultura. O prazo de inscrición comeza este sábado, día 13, e rematará o 20.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, dixo que “la verdad es que hay bastante demanda una vez más de vecinos que nos preguntan y gente que no es de aquí de Burela que nos llama y nos consulta sobre cuándo iba a haber el siguiente rastrillo popular. Decidimos hacerlo ya en agosto aprovechando el verano, el buen tiempo y a toda la gente que hay desplazada por toda esta comarca de A Mariña”.
O edil socialista explicou que “decidimos hacerlo 21...
leer más 09/08/2016
Os días 13, 14 e 15 de agosto terá lugar no pavillón dos institutos unha feira de antigüidades e coleccionismo.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, contou que “este fin de semana los días 13, 14 y 15, sábado, domingo y lunes, vamos a tener en Burela una feria de antigüedades. Pretendemos recuperar, podemos decir, porque ya hace algunos años se había celebrado alguna edición de un evento parecido, que era una feria de antigüedades y coleccionismo, y volvemos a contar con este evento dentro de la programación cultural del Concello. La propuesta nos pareció bastante interesante”.
O edil socialista dixo que “este tipo de ferias siempre sirven no sólo...
leer más 08/08/2016
Mañá, 9 de agosto, a partir das 22:30 horas pequenos e maiores poderán gozar dunha nova sesión de cine ao aire libre na praza da Mariña. A entrada é de balde. En caso de chuvia a proxección trasladarase ao auditorio.
Neste caso proxectarase a película de debuxos animados La Oveja Shaun (2015), nominada aos premios Oscar 2016, Globos de Oro 2016, Cine Europeo 2015, como mellor filme de animación.
Sinopse: Shaun é unha ovella moi lista e travesa que vive coas súas compañeiras de rabaño na granxa de Mossy Bottom baixo a suposta supervisión do granxeiro e de Bitzer, un can pastor con boas intencións pero moi despistado. A pesar dos esforzos de Shaun a...
leer más 04/08/2016
A asociación Pasada das Cabras de Burela organiza para este domingo, 7 de agosto, a ruta da Espiñeira a Cazolga. Invitados pola asociación Terras de Lourenzá fan este percorrido de 12 quilómetros e dificultade media-baixa, que permite gozar do curso do río Masma dende a ría ata a contorna da área recreativa da Cazolga.
O prezo para os socios é de 10 euros e de 15 euros para os que non o son, inclúe autobús e comida. A saída será ás 9:00 horas da Estación de Autobuses de Burela.
Ao remate da camiñata terá lugar unha churrascada na área recreativa da Cazolga organizada por Terras de Lourenzá, e pola tarde haberá música e xogos.
03/08/2016
O escritor, xornalista e politólogo Antón Losada será o pregoeiro da XXXII edición da Feira do Bonito que se celebrará este sábado, día 6, segundo deu a coñecer o concelleiro de Cultura, José Díaz.
O edil socialista asegurou que “la feria se presenta la verdad que con bastante expectación en los vecinos y en toda la gente. Yo creo porque es una feria ya arraigada y consolidada aquí en Burela, donde destaca la importancia del bonito en nuestro concello desde hace ya muchísimos años. Uno de los más importantes, sino el más importante de los pescados que se capturan y se venden aquí en Burela y que nos convierten en uno de los puertos pesqueros más importantes de Europa”.
28/07/2016
O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o Alcalde de Burela, Alfredo Llano,o director comercial do Grupo El Progreso, José María Álvarez Vilabrille, o delegado na Mariña de dito medio de comunicación, Xabier Lombardero, entre outras autoridades, presentaron este xoves a sétima edición da Festa do Marisco. Trátase da cita gastronómica que organiza El Progreso, coa colaboración de institucións e establecementos, que terá lugar na localidade burelesa os días 13 e 14 de agosto.
Campos Conde felicitou aos organizadores desta “cita xa consolidada na Mariña” e destacou que “xuntos, medios de comunicación, institucións e profesionais de todos os sectores contribuímos ao impulso da pesca e dos produtos autóctonos, dinamizando a...
leer más 28/07/2016
O salón de plenos acolleu a presentación da XXXII Feira do Bonito, que terá lugar o 6 de agosto, e da XIV edición de Produart, que tamén se celebrará esa fin de semana en Burela. Mañá, venres, a promoción farase en Lugo na Deputación e despois a mediodía haberá unha degustación no restaurante España.
O alcalde, Alfredo Llano, comentou que “a Feira do Bonito se vai realizar como sempre se fai o primeiro sábado do mes de agosto, será o día 6, e tamén teremos esa fin de semana a feira Produart, que son paralelas. Son dúas citas moi importantes para Burela porque son unha atracción total tanto no aspecto gastronómico como no medio ambiental, ou na oferta de produtos ecolóxicos e despois é unha promoción moi satisfactoria para o...
leer más 26/07/2016
A fin de semana do 5, 6 e 7 de agosto terá lugar en Burela a XIV edición de Produart, feira dos produtos artesanais e ecolóxicos, que abrirá a suas portas a partires das 17.30 horas do día 5, con carácter totalmente gratuito para @s visitantes.
Produart 16 comeza esta edición cun programa de actividades paralelas á propia exposición comercial que se desenvolverá no recinto feiral durante as datas de realización da feira. As mesas redondas, que se celebrarán son varias. A primeira será o venres a partires das 20.30 horas, tamén estan programados talleres para nen@s durante o sábado día 6, demostracións en vivo, degustacións , videoactiv@, etc... todalas actividades paralelas, acompañarán nestas datas á exposición...
leer más 25/07/2016
Mañá, martes, haberá unha nova sesión de cine ao aire libre na praza da Mariña, segundo ven de anunciar o concelleiro de Cultura, José Díaz.
Ás 22:30 horas proxectarase a película Los pingüinos de Madagascar, destinada ao público familiar.
O edil socialista dixo que “aproveitaremos esta nova cita co cine ao aire libre para proxectar tamén as fotos que participaron no concurso da noria xigante, que tivemos hai unhas semanas aquí en Burela. E entregaremos os premios aos gañadores, aos que reuniron máis me gustas nas redes sociais. Faremos entrega do primeiro e do segundo premio”.