Axenda
A axenda cultural do segundo trimestre deste 2023 arrinca estes días coa segunda semana do proxecto Píllara: o 6 de abril haberá unha acción colectiva na rúa coa actriz María Roja e o sábado no teatro proxectarase a película Panteras. As propostas deste trimestre, que presentou a concelleira de Cultura, Pilar Otero, inclúen danza, teatro, actividades para as crianzas, Cultura nas Parroquias e tamén música. A cantante Sés presentará o seu novo disco en Ribadeo o 6 de maio.
A edil ribadense manifestou: “desde a Concellaría de Cultura queremos informar dos eventos que conforman a axenda cultural neste segundo trimestre do ano. Estamos agora mesmo inmersas na segunda semana do proxecto Píllara, que como levamos difundido amplamente nestes días atrás, é unha reflexión a través da arte sobre a situación do cambio climático e na que o...
leer másChévere, Carlos Blanco, Cándido Pazó ou Leilía son algunhas das propostas da Concellaría de Cultura de Ribadeo para o primeiro trimestre deste 2023. A axenda foi presentada por Pilar Otero Cabarcos. Seguirán os ciclos O Concello cos Coles e Cultura nas Parroquias así como as actividades do Apego para as crianzas.
A edil ribadense dixo: “comezamos a presentación xa cunha cita para este venres, 27 de xaneiro, no auditorio municipal. A compañía de teatro Chévere, que leva 35 anos enriba dos escenarios e como din eles, na retagarda do teatro, un teatro que sempre é crítico, ao fío da actualidade, experimental nas súas formas, ameno e que sempre conta co favor do público. Nevermore, concibida como reflexión da catástrofe do Prestige e destinada a espazos máis grandes, logo de cumprida esa etapa está agora en xira por espazos coma o Hernán...
leer másExposicións, teatro, música ou Cultura nas Parroquias son algunhas das propostas da axenda do Concello de Ribadeo para o último trimestre do ano, que foi presentada por Pilar Otero, concelleira de Cultura. A programación arrinca hoxe no auditorio municipal e segue mañá, domingo, no Campo de San Francisco.
A edil ribadense dixo: “queremos comezar esta presentación da axenda trimestral coas artes plásticas, indicando que temos dúas mostras, unha do pintor Félix Bravo, na sala de exposicións do Campo e a outra de pirogravados, na sala de Turismo, do noso veciño Antonio Martínez”.
Pilar Otero explicou que “hoxe, sábado, comeza unha nova edición do programa Platea, en colaboración do Concello co Ministerio de Cultura. Trátase dun total de cinco espectáculos, repartidos ao longo do trimestre, e contamos que gocen coma...
leer másA comisión de festas O Noso Foz renóvase e presenta a programación dos festexos do Carme.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “O Noso Foz renóvase. A comisión de festas de Foz estrea o verán coa incorporación de novos membros. Xente nova e ideas frescas para unha comisión que empeza este mes de xullo con forza coas Festas do Carme”.
Ángel Fernández Neira, que continúa presidindo a asociación encargada de elaborar as programacións de festexos en estreita colaboración coa Concellería de Cultura municipal, manifesta: “estamos moi contentos de contar con máis xente implicada para colaborar coas festas de Foz, nunha vila coma esta na que é moi importante a unión e que ten un verán moi potente en canto a festexos”. Entre as caras novas están Erea Ben e Fátima Novo, últimas incorporacións á comisión e...
leer másA concelleira de Cultura, Pilar Otero, presentou hoxe a axenda para o segundo trimestre do ano que arrinca esta fin de semana co concerto de La Porteña Tango, cos Cantos de Taberna e con teatro o domingo. Música, teatro, exposicións, unha nova edición de Letras no Campo, a feira ribadense do libro, que se celebrará arredor do día das letras galegas, e a Festa do Apego conforman a programación cultural do Concello para os meses de abril, maio e xuño.
A edil ribadense dixo que “presentamos esta guía cultural do Concello de Ribadeo para os meses de abril, maio e xuño, e esperamos que sexa do agrado da veciñanza e das persoas que nos visiten. Coma sempre pretendemos a calidade nas propostas, con variacións nos temas e nos públicos”.
Pilar Otero contou que “a música pode considerarse a columna vertebral deste...
leer másA Concellería de Cultura ven de presentar a súa programación para este mes de febreiro que ofrecerá teatro infantil, monólogos e actuacións humorísticas para rematar co desfile de Entroido.
O vindeiro sábado, 5 de febreiro, ás 18:00 horas na Casa da Cultura, actuará Kátarsis Educación e Teatro que presentará o espectáculo infantil Pa cama. Esta actuación está dirixida a nenos e nenas de 1 a 5 anos. O prezo da entrada é de 2´5 euros.
O 11 de febreiro ás 21:00 horas na Casa da Cultura Isabel Risco presentará o seu monólogo Bravas. É un espectáculo dirixido por Fran Rei no que recolle historias de mulleres galegas coñecidas e anónimas. O prezo da entrada é de 3 euros.
O 18 de febreiro ás 21:00 horas na Casa da Cultura terá lugar a preestrea da curtametraxe Devoradora de Nenos. A reserva de...
leer másPresentacións de libros, teatro, danza, música, actividades do Apego, do Concello cos coles e Cultura nas Parroquias conforman a axenda ata marzo que hoxe presentou a concelleira de Cultura, Pilar Otero Cabarcos.
O edil ribadense explicou que “comezamos coa mención de dúas presentacións de libros na sala que se habilita para este fin no segundo andar da Casa do Viejo Pancho. Hoxe mesmo Pablo Trabadelo (nado na Veiga en 1991) presenta o seu poemario Jaloffein e o vindeiro 11 de febreiro, tamén venres, Roberto Mera trae Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos exiliados republicanos, arredor dunha figura que xa se vén chamando o Schindler galego”.
Otero Cabarcos contou que “tamén esta fin de semana comeza a programación do Apego, o proxecto de ámbito galego que pula pola transmisión do galego aos nosos...
leer másEste domingo, 21 de novembro, ás 17:00 horas, actuarán nas Anzas as Pandereteiras da Asociación Amigos da Gaita, continuando co ciclo Cultura nas Parroquias.
Tamén o domingo ás 20:00 horas no Auditorio Hernán Naval, ofrecerá un concerto De Botóns cunha selección de repertorio tradicional galego e das comarcas da contorna adaptadas e arranxadas para o instrumento chamado de botóns, que era como se lle chamaba ao acordeón diatónico en moitas zonas de Galicia. Ademais engádese un apartado de fotografías históricas de acordeonistas cun empeño singular por parte dos autores de rescatar fotos onde aparecesen mulleres tocando un instrumento tradicionalmente vinculado ao home. Despois de cinco anos dun traballo de recompilación de fontes orais e escritas, Carlos Quintá e Pedro Pascual presentan esta antoloxía de repertorio que xurde tanto dos...
leer másComo vén sendo habitual por estas datas, o Observatorio da Mariña pola Igualdade acaba de editar a Axenda Feminista 2022 que xa está dispoñible en diferentes puntos de venta.
Non podía faltar este clásico do Observatorio que xa vai pola súa doceava edición e que, un ano máis, escolle a 12 mulleres para protagonizala.
Nestes últimos anos a axenda centrouse en ámbitos diferentes como foron as mulleres do sector primario, ilustradoras, cociñeiras…, e para o este vindeiro 2022 e logo dun ano tan olímpico, o Observatorio decantouse por poñer en valor e visibilizar ás Deportistas Galegas.
O deporte é un campo no que nos últimos anos no que se avanzou en dereitos e visibilidade para as mulleres pero no que sen dúbida aínda queda moito traballo por facer, de ai a nosa pequena aportación para...
leer más