Este martes, 21 de maio, temos un novo faladoiro da actividade Charlando, incluída dentro do programa Arruguiñas, que organiza o Concello de Cervo. Será ás 18:30 horas, no local social da asociación de Xubilados Terramar, na Casa do Mar de San Ciprián, e titúlase “Educación para a saúde”.
Está dirixido á poboación en xeral e nesta ocasión a temática xirará en torno á xestión emocional, ao envellecemento activo e á importancia da contorna.
Estas sesións están dirixidas por María José Novoa (traballadora social e coach) e Sonia Nogueiras (psicóloga).
“Non te perdas estas charlas didácticas moi necesarias nos tempos nos que vivimos xa que os problemas de saúde mental serán a principal causa de discapacidade no mundo no ano 2030”, explica o Concello de Cervo.