Alumeado
Esta tarde foi inaugurado o XVI Mercado do Nadal e acendido o alumeado destas festas. O alcalde, Fernando Suárez, xunto aos concelleiros de Turismo, Medio Ambiente, Obras e Cultura, Pablo Vizoso, Jorge Díaz, Mónica Freire e Pilar Otero, visitaron as casetas instaladas no parque de San Francisco e asistiron ao acendido da iluminación de Nadal.
O rexedor dixo que “procedemos a este acendido das luces de Nadal aquí en Ribadeo, que facemos coincidir estes últimos anos coa inauguración do XIV Mercado do Nadal. Traemos unha chea de cousas para que tanto a xente de aquí como os amigos e veciños de toda A Mariña, de todo o Occidente asturiano e todos aqueles turistas que nesta longa ponte veñan a Ribadeo poidan degustar produtos artesáns de alimentación e ver artesanía, coiro, xoiería…”.
Fernando Suárez explicou que “...
leer másO alumeado de Nadal en Ribadeo contará por primeira vez con 800.000 luces led entre farolas, arcos, árbores e figuras en 3D. O Concello sacouno hoxe a licitación por 23.900 euros ao ano. A vixencia do contrato será de dous anos con posibilidade de prórroga dun máis. As empresas interesadas en presentar as súas ofertas dispoñen de 15 días naturais, de modo que o prazo remata o 9 de novembro.
O alcalde, Fernando Suárez, anunciou que “no día de hoxe sacamos desde o Concello de Ribadeo, a través da plataforma electrónica de contratos, a licitación do contrato de subministro e instalación de elementos de decoración luminosa durante as festas do Nadal”.
O rexedor dixo que “si ben é certo que cada ano imos tentando mellorar un pouquiño a iluminación do ano anterior, seguindo nesta liña, quixemos dar un paso adiante no...
leer másO Concello de Burela inaugurará o alumeado de Nadal o día 5 de decembro. O alcalde, Alfredo Llano, explica que aínda que a empresa encargada colocará as luces durante o mes de novembro, non será ata o 5 de Nadal cando se proceda ao seu acendido.
O rexedor explicou que “este ano, falando coas empresas de iluminación do Nadal, xa marcamos cunha pouca antelación como fixemos o ano pasado, por razóns de tempo e de ocupación xa que teñen que atender moitos sitios as empresas que colocan as luces, acordaron comezar moito antes que outros anos a colocalas aquí en Burela. Así que si se ve poñendo as luces de Nadal é por razóns da empresa para poder realizar en todos os sitios en prazo todo o que teñen que montar”.
Alfredo Llano dixo que “este ano vaise acender o alumeado de Nadal en Burela o día 5 de decembro. É un día...
leer másEsta tarde terá lugar o acendido do alumeado navideño en Ribadeo. Así o anunciou o alcalde, Fernando Suárez, que esta mañá percorreu xunto a varios membros do equipo de goberno o Mercado de Nadal, que estará aberto no parque de San Francisco ata o vindeiro domingo, 10 de decembro.
O rexedor declarou que “agora si que podemos dicir que empezou o Nadal aquí, en Ribadeo. Por unha banda porque fai moito frío nestes días e por outra porque empeza o Mercado do Nadal, como todos os anos, dándolle vida á vila e atraendo, coma sempre, a multitude de amigos e amigas que veñen de aquí, de Ribadeo, e doutros concellos máis próximos ou máis afastados”.
Suárez Barcia dixo: “e ademais deste Mercado do Nadal, que estará desde hoxe ata o domingo cos 25 stands con todo tipo de produtos, tamén hoxe acendemos o alumeado de Nadal....
leer más