En Foz celébrase unha nova edición do festival VRAO Sons Independentes. 25 proxectos musicais actuarán ao longo dos 5 sábados do mes de xullo.

En Foz celébrase unha nova edición do festival VRAO Sons Independentes. 25 proxectos musicais actuarán ao longo dos 5 sábados do mes de xullo.
 
Ó! Cultural está de volta cunha nova edición de VRAO Sons Independentes. Unha vez máis e nesa ansia renovadora e de cambio, quixemos darlle un xiro ao concepto, polo que este ano adoptamos forma de ciclo de concertos.
 
En lugar de concentrar a acción, dispersámola como unha bomba cultural de racimo e, ao longo dos cinco sábados do vindeiro mes de xullo, pasarán por Foz un total de 25 proxectos musicais da actual escena independente galega.
 
2 de xullo no Escenario O Muelle: MATAR GENTE, THE LÁKAZANS, NAVE NODRIZA e MÚSCULO!
 
9 de xullo no Escenario Rente Ao Mar: PEÑA, MUSEL, PABLO SEIJAS, DOIS e LINDA GUILALA.
 
16 de xullo no Escenario Namarinos: NÉBOA, GANCHO SÁNCHES, PANTIS, THE PHANTOM DRAGSTERS e AGORAPHOBIA. 
 
23 de xullo no Escenario Trás!: THOMAS DYLAN (sesión vermú), 2PAS0S, UPPERCUT, CRÓ!, DIOLA e ORQUESTA PÁNICO.
 
30 de xullo no Escenario Zorza Celtas: ABELVISIÓN Dj Set, FRIPP & KITTE, WÖYZA, SENSENRA e DISCO EPISCOPAL.
 
VRAO está de volta!
Toda a info na nosa web: http://vrao.es/