Eventos

Etiquetas:
26/12/2014
Foz inaugura esta tarde o seu cuarto Mercado da Ilusión. Estará aberto na Rúa Xoán Montes ata o martes 30 de decembro, en horario de 11:00 a 14:30 e de 17:00 a 21:00 horas.

 

O Mercado da Ilusión de Foz abre a partir das 17:30 horas desta tarde as súas portas na rúa Xoán Montes. Nel participarán sete artesáns que poñerán a venda os seus produtos, ata o martes 30 de decembro, noutras tantas casetas de madeira decoradas especialmente para a ocasión con motivos de Nadal. O Mercado da Ilusión focense chega así a súa cuarta edición e poderá visitarse de 11:00 a 14:30 horas e de 17:00 a 21:00 horas. O alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, explicou que "no día de hoxe inauguraremos o Mercado da Ilusión de Nadal, que organiza o Concello de Foz. Será a partir das 5 e media da tarde na rúa Xoán Montes, cun cambio de situación que quixemos facer para tratar de levar o mercado preto das dúas rúas máis comerciais de Foz: a Avenida da Mariña e Álvaro Cunqueiro. A rúa Xoán Montes é peonil e une estas...

leer más
Etiquetas:
23/12/2014
A programación de Nadal do Concello de Lourenzá empeza hoxe coa visita de Papá Noel e continuará ata o 5 de xaneiro, día en que se celebrará a tradicional Cabalgata dos Reis Magos.

 

A Concellería de Educación e Cultura de Lourenzá acaba de presentar a súa programación lúdica de Nadal para os máis pequenos. Entre os actos máis importantes destacan: a visita de Papá Noel á vila hoxe, martes, 23 de decembro; a realización de diferentes obradoiros de xogos no Ximnasio Multiusos, os días 22, 23, 26, 29 e 30; a actuación de Cantos de Nadal, o domingo 28 de decembro na Igrexa de Santa María de Valdeflores; e a petición do aguinaldo por parte dos nenos laurentinos, o luns 2 de xaneiro, nos diferentes comercios e domicilios particulares da vila. Os actos rematarán coa celebración da tradicional Cabalgata dos Reis Magos o luns 5 de xaneiro, que partirá da parroquia de San Xurxo para percorrer primeiro o val de Lourenzá e chegar finalmente a Vilanova ás 18:30 horas para levar a cabo o desfile polas rúas da...

leer más
23/12/2014
Foz celebrará o 5 de xaneiro a súa tradicional Cabalgata de Reis. Antes, o día 4, haberá un concerto vocal na igrexa a cargo do grupo Son de Nós.

 

A Delegación de Cultura do Concello de Foz acaba de presentar o seu programa de actos para celebrar a chegada dos Reis Magos nos vindeiros días 4 e 5 de xaneiro do novo ano. O domingo 4 haberá un concerto de música vocal a cargo do grupo Son de Nós. Será a partir das 20:00 horas na igrexa de Foz. Xa o luns 5, véspera do día de Reis, celebrarase na vila a tradicional Cabalgata con saída da praia da Rapadoira ás 19:00 horas. Nela poderán participar tódolos nenos menores de 10 anos que vistan de pastor ou con traxe rexional e sexan inscritos polos seus pais previamente na Delegación de Cultura do Concello de Foz. Os cativos poderán subir ás carrozas dos Reis para percorrer nelas o traxecto que discorrerá polas rúas do municipio, ata chegar finalmente ao belén vivente instalado na Casa do Concello. Ao remate, haberá churros con chocolate e roscón de...

leer más
23/12/2014
A Concellería de Turismo de Ribadeo pon en marcha o programa de fomento da natureza, ECONADAL 2014, cunha visita guiada ás Catedrais o 27 de decembro.

 

A Concellaría de Turismo e Desenvolvemento Local organiza para a última semana deste mes de decembro un programa de fomento da natureza baixo o nome Econadal. A actividade permitirá gozar dos espazos naturais máis valiosos de Ribadeo, en dúas xornadas distintas. A primeira levarase a cabo o 27 de decembro e consistirá nunha ruta guiada e interpretada polas unidades ambientais do ZEC de As Catedrais na súa parte máis descoñecida e coas súas especies máis emblemáticas. A ruta levará o nome de Os segredos das Catedrais e partirá ás 11:34 horas da estación de Feve ribadense, para logo chegar a Rinlo e comezar a andaina en dirección a Ribadeo. A duración estimada será de tres horas.

Ao día seguinte, o 28 de decembro, realizarase a segunda xornada consistente nunha prospección biolóxica...

leer más
Etiquetas:
18/12/2014
O Mercado de Abastos de Ribadeo será escenario este sábado dun obradoiro no que os pequenos asistentes se converterán en reporteiros
 
O Mercado de Abastos será escenario este sábado, 20 de decembro, dun obradoiro infantil no que os nenos e as nenas, a partir de 7 anos, se converterán en reporteiros por un día. Será de 11 da mañá a dúas da tarde. 
Segundo explican desde a Concellaría de Desenvolvemento Local e Turismo “este Nadal o Mercado de Abastos continúa a súa actividade promocional. Así desde a Concellaría de Desenvolvemento Local e Turismo en colaboración coa Asociación de Vendedores/as da Praza de Abastos a Ribadeo vaise por en marcha unha campaña de promoción on line durante desde hoxe xoves, día 18, e ata o vindeiro mércores, 24 de decembro”. 
E engaden que “dentro desta campaña levárase tamén a cabo un obradoiro infantil Reporteiros por un día, coñecemos...
leer más
Etiquetas:
18/12/2014
O pavillón de San Cosme será escenario este sábado, 20 de decembro, da Festa de Nadal que organiza o Concello para @s máis pequen@s da casa
 
O alcalde, Alfonso Fuente, e o concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, presentaron este mediodía a Festa de Nadal que se celebrará o vindeiro sábado, 20 de decembro, no pavillón de San Cosme, organizada polo Concello. 
@s máis pequen@s da casa poderán disfrutar desta festa de animación de 15:30 a 19:30 horas. Haberá inchables e obradoiros de postais de Nadal e de pintacaras. Papá Noel ofrecerá unha recepción aos asistentes e coma remate de festa os participantes serán agasallados cunha chocolatada. 
Fuente Parga e Gómez Puente animan “a todos os nenos e as nenas de Barreiros a acudir este sábado ao pavillón de San Cosme para celebrar todos xuntos o inicio das festas de Nadal e das...
leer más
Etiquetas:
18/12/2014
Acisa sorteará na cuarta festa do comercio 1.500 euros en vales de compra. Será o 10 de xaneiro no Cine Teatro
 
Acisa sorteará na súa 4ª Festa do Comercio 1.500 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados ata finais do vindeiro mes de xaneiro. A campaña de Nadal da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo xa está na rúa e todas aquelas persoas que realicen as súas compras en Ribadeo ata o 9 de xaneiro recibirán papeletas para entrar no sorteo que terá lugar o día 10 de xaneiro ás 20 horas no Cine Teatro. 
Haberá un premio de 500 euros, un premio de 400 euros, outro de 300 euros, un premio de 200 euros e outro de 100 euros. Desde a directiva de Acisa lembran que “para ter dereito aos premios será necesario estar presente no sorteo e levar a papeleta premiada”. Tamén indican que “as papeletas deben levar o selo dos establecementos...
leer más
16/12/2014
O programa de Nadal 2014 de Burela inclúe teatro e cine para os máis pequenos e música para adultos e nen@s.

 

O programa de Nadal, organizado polo Concello, a Acia local e Ledicia, inclúe teatro e cine para @s nen@s e música para nen@s e adult@s. Foi presentado esta tarde no Concello polo alcalde,José María González Barcia, a concelleira de Cultura, Mónica Pedre, e por representantes da Acia local e de Ledicia. Entre os actos previstos destacan o concerto da Escola Municipal de Música o vindeiro xoves, 18 de decembro; o concerto didáctico con Uxía o día 19; o concerto de panxoliñas da Coral Polifónica de Burela, que será o 20 de decembro; ou a presentación da Xove Orquestra Municipal de Burela, previstas para o día 21.

A programación de Nadal inclúe cine infantil os días 29 de decembro e 2 e 7 de xaneiro e varios espectáculos para os máis pequenos da casa, ademais da cabalgata de Reis. E na...

leer más
Etiquetas:
10/12/2014
Este venres o Cine Teatro de Ribadeo acollerá a proxección da película El camino de vuelta, dentro do programa Cinensino do Concello. Máis de 200 alumn@s participan nesta nova edición.

 

O vindeiro venres, 12 de decembro, ás 12 da mañá terá lugar no Cine Teatro a proxección da película El camino de vuelta, dentro do programa Cinensino da Concellaría de Saúde e Servizos Sociais ribadense.Nesta edición participan os rapaces de 1o e 2o de ESO. En total 210 alumn@s e uns 20 titores e docentes do IES de Ribadeo e do colexio Sagrado Corazón. Tras visionar esta película El camino de vuelta o profesorado traballará durante uns días a unidade didáctica correspondente, segundo informa Mónica Fernández Lamparte, responsable do Programa Prevención de Drogodependencias e outros Trastornos Adictivos do Concello. Ao longo do curso o alumnado verá e traballará con dúas películas máis.

 

Etiquetas:
10/12/2014
O Concello de Foz presentou o programa Cinema no Cenima, co que proxectará tres películas neste mes de decembro na vila.

 

O Concello de Foz presentou hoxe o seu programa de proxeccións de cine Cinema no Cenima, que se levará a cabo neste mes de decembro, grazas ao apoio da Consellería de Cultura. En total proxectaranse tres películas no edificio do Cenima de Foz. A primeira será Encallados, este mesmo xoves, 11 de decembro, ás 20:30 horas. A segunda será o film francés Le Week-end, o xoves 18 de decembro ás 20:30 horas. E a terceira irá destinada aos máis pequenos e proxectarase o venres 26 de decembro ás 18:30 horas. Trátase da película de animación A tropa de trapo na selva do arco da vella. As entradas terán un custo de 3 euros e poderán adquirirse no propio Cenima de Foz dende media hora antes do inicio da proxección. Con esta iniciativa, o Concello de Foz convértese nun dos catro municipios galegos seleccionados pola Xunta de...

leer más