Deportes
09/04/2015
O Burela FS Pescados Rubén gozará da última festa galega do fútbol sala 2014-15 para os laranxas. A antepenúltima xornada de Primeira División LNFS enfrontará mañá, ás 21.00 horas, en Vista Alegre a escuadra mariñá co Santiago Futsal.
Dende a novena praza (33 puntos), os pupilos de Juanlu buscarán recuperar o camiño triunfal tras o tropezo na pista do campión da Copa de España, Jaén Paraíso Interior. A emoción asegurada con aliciente de derbi incrementarase tamén da parte dos santiagueses que chegan á bomboneira, na décimo terceira posición empatados a 28 puntos con Marfil e Montesinos por diante e despois de sucumbir ante os dominadores da liga, Inter e Barcelona.
...
leer más 09/04/2015
A piscina municipal de Lieiro acolle este sábado o I Trofeo de Natación Concello de Cervo. Unha competición que reunirá a 119 nadadores dun total de 8 clubs de Galicia, Asturias e Euskadi. En concreto, acudirán o CN Liceo da Coruña, o CN Xove, AD Náutico de Narón, CN Cedeira, CN Avilés, CN PortaMiñá Lugo e CN Barakaldo.
A competición, que está organizada polo CN PortaMiñá de Lugo coa colaboración do Concello, dará comezo ás 11 horas, e incluirá as categorías de infantil, junior e absoluta; mentres a entrega de medallas individuais e o trofeo ao equipo campión está prevista para as 13:30 h.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Deportes, Luis Guillén, o presidente do Club Natación Porta Miñá Lugo, Fernando Timiraos, e a...
leer más 06/04/2015
O vicepresidente e responsable de Benestar e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, presentou este serán en Foz a quinta edición da Copa Deputación de Piragüismo, que un ano máis disputarán os seis conxuntos da provincia e conta co respaldo da Vicepresidencia Primeira do organismo provincial, a través da súa Área de Benestar e Deporte. Acompañaron nesta presentación o Delegado en Lugo da Federación Galega de Piragüismo, Martín Carballo, e representantes dos clubs participantes.
Antonio Veiga explicou que esta quinta copa se disputará “entre os meses de abril e agosto, seguindo o formato de anteriores edicións, polo que cada club se encargará de organizar unha regata”, indicou. A primeira proba celebrarase o 26 de abril nas instalacións do Club Fluvial de Lugo, a segunda...
leer más 06/04/2015
O Concello vén de editar 2.000 exemplares de material promocional sobre as rutas de sendeirismo do municipio. En concreto, os veciños e visitantes poden percorrer o concello a través de tres sendeiros peonís acondicionados e sinalizados para ese fin e dos que atopan toda a información nestes folletos.
Unhas publicacións nas que se poden consultar datos xerais sobre a localización, dificultade, duración estimada, coordenadas de inicio, itinerario e puntos de interese, e tamén técnicos como a distancia, o tipo de superficie e as cotas máximas e mínimas. Ademais, conta cunha descrición sobre os atractivos de cada ruta e a súa situación no mapa.
Uns folletos cos que “poner en valor y disfrutar de lugares de gran riqueza natural y...
leer más 06/04/2015
A asociación Pasada das Cabras de Burela ten previsto para o sábado día 11 de Abril facer a Ruta do Monte do Facho en Cangas do Morrazo de 13,5 quilómetros e dificultade media/baixa.
A saída será ás 7,30 da mañá da Estación de Autobuses de Burela e o prezo será de 25 € para os socios e de 30 € para os que non o son e inclúe autobús, comida e mais seguro. Para participar nesta ruta é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono: 982 580 504 antes do xoves día 9 de Abril.
05/04/2015
Desde a organización explican que "o pasado sábado, 4 de abril, fixemos a presentación oficial da III Carreira popular das praias. Contamos coa presenza de Antonio Veiga, vicepresidente da Deputación de Lugo. Fois ás 11 horas, en Punta Anguieira-San Bartolo - Barreiros - Lugo, diante do hotel Ría do Masma. Ó mesmo tempo organizouse unha kedada "runner", na que as persoas interesadas en participar fixeron correndo o percorrido da carreira para dalo a coñecer e facer un adestramento do mesmo. Houbo duchas no campo de fútbol do Cascabeiro para os participantes e de maneira opcional, tamén se organizou unha comida no Café bar Moderno de Barreiros, ó prezo de 10 € para adultos e 5 € para nenos ata 12 anos".
A III Carreira popular das praias terá lugar o vindeiro 17 de maio a...
leer más 05/04/2015
O vindeiro domingo,12 de abril, o Grupo de Sendeirismo de ACD.XOVE, organiza a segunda ruta deste ano. Segundo explican desde a organización "a ruta que se vai facer é pola Costa da Morte, a primeira etapa da denominada O Camiño dos Faros. Trátase dunha ruta de Gran Recorrido (GR) de 200 km. e que vai dende Malpica de Bergantiños ata o Cabo Fisterra, todo pola Costa da Morte, seguindo os Faros. Nesta saída empezaremos no Faro do Porto de Malpica e percorreremos 20 km. de Costa ata chegar o Faro de Nariga. A ruta pasa polo Cabo San Adrian, enfronte das Illas Sisargas, e por 6 preciosas praias, como son a de Beo, a de Seiruga ou a de Barizo. O final desta ruta será no espectacular Faro Nariga. Un faro-monumento feito polo arquitecto, Cesar Portela. O entorno está cheo de maxia, pois existen grandes formacions...
leer más 02/04/2015
A saída desde as inmediacións do Concello de Foz está prevista para as 8 da mañá. O prezo da ruta, con xantar incluído, será de 20 euros. Os interesados en acudir poden anotarse ata o 10 de abril nos teléfonos 670 369 017 ou 696 236 020 e tamén na seguinte dirección de correo electrónico: ossendeiros@yahoo.es
Os Sendeiros de Foz recomendan leval equipo de sendeirismo e explican que a dificultade da ruta por Pol é media.
27/03/2015
La revolución naranja, que dejó tan buena huella en su debut de la Copa de España de Ciudad Real 2015, vuelve a la liga de Primera LNFS mañana, en la 26ª jornada, con la visita del Uruguay Tenerife, que recalará en Vista Alegre, como penúltimo clasificado, con 9 puntos. Mariñanos e insulares saltarán a la pista a las 18.30 horas, con la antesala del Burela FS Pescados Rubén-Roldán (16.00 horas) de Primera RFEF.
“Ya teníamos ganas de volver a la competición y demostrarnos que podemos rendir como en la Copa con una regularidad. Ese es el objetivo, mantener el nivel de rendimiento ofrecido en Ciudad Real ante Movistar y Jaén” hablaba así Juanlu, con satisfacción. Al Burela FS le quedan cinco finales hasta el desenlace liguero para cumplir con esa meta: “Las cuentas son ganar...
leer más 26/03/2015
O vicepresidente e responsábel de Benestar e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, participou esta mañá no Salón de Actos do Pazo de San Marcos na presentación do ‘Desafío Volta a Lugo. VIII Volta ás Comarcas’, que discorrerá polas estradas da provincia de Lugo os vindeiros 24, 25 e 26 de abril. Tamén estiveron presentes no acto, que conduciu o xornalista José Areñas, José María Seijas, presidente do comité organizador; José Manuel Flores Arias, vicepresidente da Federación Galega de Ciclismo; Regina Polín, deputada provincial; José Manuel Díaz Grandío, concelleiro de Deportes de Lugo; Xosé Lois Maceda, alcalde da Pobra do Brollón; e Cheché Real, presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo. Finalmente tamén tomou a palabra Santiago Seijas, director da proba, que fixo unha valoración técnica.
... leer más